Escoitar

Festival de música emerxente

<br /> O sábado 12 de maio, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), a partires das 19:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar un festival de música emerxente denominado "Pelexando á contra". Trátase dun festival organizado por xente moza, en colaboración coa Concellería de Xuventude de Vigo no que participarán diferentes músicos e formacións musicais da cidade.

venres, 11 mai 2007
1178881447musicxaemrexente.jpg
O obxectivo é reunir nun mesmo día a diferentes grupos de diferentes estilos musicais para amosar o que se está a facer neste eido na nosa cidade. Así, pois, nesta ocasión contarase coa presenza de:

THE WONDER BAND
GUSTAVO ALMEIDA
SAMUEL LEVÍ
LAS CAMIONERAS DE MINSK
THE SOUL JACKET
TEAR

A entrada para este festival será de 4€
Descargar todas as imaxes