mércores, 30 mar 2005
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, reuniuse con Alfonso Paz Andrade para trataren sobre o futuro emprazamento do mural de Isaac Díaz Pardo que se expuxo na Praza de Galicia durante a última World Fishing Exhibition, en 2003.
mércores, 30 mar 2005
O pasado martes celebrouse con éxito o acto de conmemoración dos Vigueses Distinguidos e a entrega da medalla de ouro da cidade por parte da alcaldesa. O evento, que tivo lugar no centro social de Caixanova, estivo amenizado pola Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra. No seu discurso, a alcaldesa abogou por unha cidade unida na construcción do seu futuro e nunha reconquista dos seus valores tradicionais.
mércores, 30 mar 2005
Esta terceira edición, que ten o apoio do Concello de Vigo, contará con 54 equipos inscritos e unha grande dotación en premios. A finalidade desta proba é a de fomentar o deporte nos colexios e a de atopar novos talentos.
mércores, 30 mar 2005
A concellería de Festas e Animación Sociocultural convoca un concurso para seleccionar un cartel que se empregará na difusión do programa das Festas do Cristo da Victoria 2005.