O Concello busca emprazamento para o mural de Isaac Díaz Pardo
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, reuniuse con Alfonso Paz Andrade para trataren sobre o futuro emprazamento do mural de Isaac Díaz Pardo que se expuxo na Praza de Galicia durante a última World Fishing Exhibition, en 2003.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, mantivo na mañá do, mércores 30 de marzo, unha reunión con Alfonso Paz Andrade, na cal se barallou a posibilidade de expoñer nalgún lugar da cidade o mural de 40 metros de lonxitude co que Isaac Díaz Pardo decorou a Praza de Galicia durante a última World Fishing Exhibition, en 2003.
Tralo encontro, Corina Porro dixo que "este marabilloso mural non pode estar gardado" e preguntou "que mellor homenaxe se lle pode ofrecer a Isaac Díaz Pardo que expoñelo". Pola súa banda, Alfonso Paz Andrade, que cualificou a Isaac Díaz Pardo de "icono da memoria histórica e cultural de Galicia", afirmou que "a última grande obra" do artista "tería que ser recuperada e colocada nun lugar importante da cidade".
Sobre o posible emprazamento do mural, a alcaldesa dixo que se están a barallar varios sitios. Corina Porro considerou "difícil" que sexa un lugar cerrado, debido ás grandes dimensións da obra, pero asegurou que se tratará dun lugar vixiado.
Descargar todas as imaxes