O Servizo de Deportes destina 680.000 euros a subvencionar as entidades deportivas de Vigo
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe martes as bases para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a temporada 2004-2005, e autorizou para tal fin un crédito de 680.000 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe martes, segundo informou o concelleiro José Manuel Figueroa, as bases da convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades deportivas de Vigo para a temporada 2004-2005.
A contía da presente convocatoria ascende a 680.000 euros, cantidade que, fronte aos 450.000 euros destinados en anos anteriores, supón un incremento de máis dun 50%. As bases da convocatoria teñen por obxecto regular a acción de fomento do deporte e da práctica deportiva realizada e xerada polas entidades deportivas con enderezo social en Vigo.
Xa que logo, poden concorrer tanto os clubes de elite como os equipos federados ou as agrupacións deportivas. Establécense as modalidades de fútbol, fútbol sala, baloncesto e balonmán. As restantes modalidades avalíanse pola categoría dos equipos ou polo número de licenzas.
Así, na categoría de clubes de fútbol, as subvencións varían dos 3.600 euros para equipos de terceira división aos 180 para categorías non especificadas. En fútbol sala, as axudas van dos 1.500 euros para clubes de categorías superiores aos 150 destinados aos de segunda división local e aos de categorías non especificadas.
En baloncesto, os que máis levarán serán os da Liga Nacional, con 5.100 euros, a mesma cantidade prevista para cada equipo de Primeira Nacional de balonmán. A maior subvención será para os clubes de elite, que poden recibir ata 30.000 euros no caso de participaren na máxima categoría do seu deporte.
Quedan excluídos expresamente desta convocatoria as federacións deportivas e os clubes pertencentes ou integrados en institucións oficiais. Tamén se exclúen os clubes de fútbol sala que non teñan, polo menos, dous equipos federados en categorías inferiores, así como os clubes que por calquera causa se retirasen da competición oficial durante a temporada 2003-2004 ou 2004-2005.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días desde a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. A avaliación das solicitudes presentadas realizarase mediante un proceso interino de avaliación que levará a cabo o técnico do Servizo de Deportes do Concello.
Descargar todas as imaxes