A Biblioteca Central ten programadas as súas actividades para o mes de abril
A biblioteca Central conta no mes de abril cun programa de actividades que ven a continuar o comezado despois do Nadal e onde destacan os talleres de escrita en galego para nenos e adultos, os cursos de inglés ou as visitas guiadas.
O biblioteca Central de Vigo ten preparado no seu programa dos luns dous obradoiros de escrita en galego. De 11 a 12,30 horas terá lugar o obradoiro para nenos, debendo apuntarse os colexios. Entre as 18,30 e as 19,30 ( os luns 18 e 25 de abril) serán os obradoiros en galego para adultos. As prazas no caso deste último son limitadas.
Os martes, mércores e xoves, entre as 10 e as 12 da mañá, terán lugar as visitas escolares guiadas pola biblioteca. O mes de abril xa está completo de reservas.
O mércores haberá ademais Club de lectura (entre as 17 e as 18 horas) coa obra "La joven de la perla", de Tracy Chevalier. Entre as 18,30 e as 19,30 horas, (os mércores 20 e 27) unha nova clase dos obradoiros de escrita para adultos.
Os xoves entre as 17 e as 18,30 segue a haber clases de conversación en inglés, cun grupo de debate de adultos que departen sobre temas de actualidade. As prazas son limitadas e é necesaria a inscrición. Entre as 18,30 e as 19,30 segue o inglés, esta vez para nenos de 4 a 6 anos. Será unha sesión de contos e xogos en inglés e as prazas tamén son limitadas.
Os venres, dende as 10 da mañá, terán lugar dúas actividades para as que non é preciso anotarse previamente: os Cursos de formación de usuarios, para quitarlle o máximo proveito á biblioteca, e as Visitas guiadas pola biblioteca, onde se amosa o edificio e as distintas salas e seccións.
Entre as 17 e as 18,30 haberá un Taller literario de adultos en inglés e a continuación, entre as 18,30 e as 19,30 unha sesión de Contos e xogos en inglés para nenos de 7 a 10 anos.
Os sábados seguirá a actividade "Os sábados conto". Terá lugar ás 11 horas na biblioteca infantil e contará co seguinte programa:
- Día 2 "El soldadito de plomo" de H. C. Andersen. Día do libro infantil e xuvenil
- Día 9 "La mejor colección" de Laura Fernández Rivera Río
- Día 16 "Bajar la luna del cielo" de J. Emmett
- Día 23 "El dueño de la luna"de G. Rodari
- Día 30 "La guerra de las campanas"y "Juan el distraído" de Gianni Rodari