A Fundación Cume presenta na Casa da Xuventude "Ponte no seu lugar"
Esta exposición fotográfica con intencións solidarias e de denuncia poderase ver na Casa da Xuventude entre o 30 de marzo e o 8 de abril.
A partires do mércores día 30 de marzo pola tarde e ata o vindeiro 8 de abril de 2005 teremos a oportunidade de ver outra nova exposición de interese xuvenil, esta vez a cargo dunha ONG que xa ten exposto noutras ocasións nesta sala. Se trata da Fundación Cume que amosará fotografías do seu cometido e as súas iniciativas de cara a un entorno necesitado. Este organismo quere achegar aos visitantes os seus programas de voluntariado a través desta exposición, onde se mostra un mundo que precisa da solidariedade de todos, un mundo que está aquí, a carón de cada un e no que se pode intervir para melloralo.
As obras poden contemplarse ata o mesmo venres 8 de abril en horario de apertura da Sala de Exposicións que é de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 a 21:00 pola tarde.
Descargar todas as imaxes
As obras poden contemplarse ata o mesmo venres 8 de abril en horario de apertura da Sala de Exposicións que é de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 17:00 a 21:00 pola tarde.