Lucía Molares presentou a "III Liga intercentros de atletismo en pista"
Esta terceira edición, que ten o apoio do Concello de Vigo, contará con 54 equipos inscritos e unha grande dotación en premios. A finalidade desta proba é a de fomentar o deporte nos colexios e a de atopar novos talentos.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe a "3ª liga intercentros Concello de Vigo de Atletismo en pista". Segundo a concelleira a finalidade desta proba é a de "fomentar o atletismo nos colexios para que os nenos manteñan un contacto con este deporte e que ao mesmo tempo poidan encontrarse novas promesas", dixo.
A organización por terceira vez deste evento a cargo do RC Celta de Atletismo e da AVA, que conta co patrocinio do Concello, o Faro de Vigo e Caixanova, ademais da colaboración de profesores e APA permite a introducción da mocidade nun deporte que contou tradicionalmente con bos representantes na cidade.
Ademais, "o estímulo da competición e dos premios é fundamental para involucrar aos rapaces", comentou Lucía Molares. A Liga contará con importantes premios tanto individuais como colectivos para o centro gañador. Así, o colexio que quede en primeiro lugar obterá un equipo informático completo e para os rapaces destacados haberá ata 156 equipos deportivos. O número de equipos inscritos é de 54, o que supera as cifras de outros anos.
Como novidade este ano os tres primeiros clasificados da Liga acudirán como invitados a un Campus de atletismo que terá lugar no mes de xullo coa presencia de monitores nacionais. Deste modo poderán coñecer mais de cerca o mundo do atletismo e as súas posibilidades reais neste deporte.
Alfonso Ortega, membro da organización, agradeceu aos patrocinadores o seu apoio recordando que o difícil sempre son os inicios. Respecto á Liga, comentou que o importante é que os nenos fagan deporte e "o atletismo é a base de todos eles, xa que combina as tres disciplinas básicas: correr, saltar e lanzar. Aínda que nos gusta que os rapaces disfruten do atletismo a meta da Liga é que haxa unha educación física nas escolas. Logo os gustos dos rapaces poden derivar cara a outros deportes", dixo.
Descargar todas as imaxes