Os vigueses poden axilizar as súas relacións co Concello a través da Carpeta do Cidadán
A páxina web do Concello conta cun novo servizo chamado Carpeta do Cidadán, por medio do cal os vigueses poden realizar trámites e consultas e axilizar así as súas relacións con esta institución.
Os vigueses poden axilizar a súa relación co Concello a través da Carpeta do Cidadán, un novo servizo ao que se pode acceder entrando na páxina web www.hoxe.vigo.org. Esta carpeta, que foi presentada hoxe mércores pola concelleira delegada de Participación Cidadá, Marta Iglesias, incorpora novas funcionalidades e integra outras xa existentes no Concello Dixital, co obxectivo facilitarlles aos usuarios os seus trámites e consultas.
Así, grazas á Carpeta do Cidadán pódese realizar un seguimento das solicitudes feitas ao Concello, o que inclúe as solicitudes entregadas no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro de Urbanismo ou as feitas por Internet. Tamén se pode obter información dos obxectos polos que o cidadán tributa ao Concello, como os de Bens Inmobles, o Imposto de Actividades Económicas, Vehículos, Recollida do Lixo e as Exaccións Unificadas Industriais.
Outra das posibilidades deste servizo é a relativa aos recibos xerados ao nome do cidadán polo Concello, pendentes de pagamento ou xa pagos. Deste xeito, a Carpeta do Cidadán permite consultar os datos dos recibos, así como pagalos no caso de que estean pendentes de pagamento e estean en período de cobro. Por se ao usuario non lle chegou o recibo ao seu domicilio, a Carpeta serve tamén para obter unha impresión deste. Ademais, tamén fai posible domiciliar ou cambiar a domiciliación dos recibos.
Así mesmo, a través da Carpeta do Cidadán pódense solicitar o certificado que acredita que o cidadán non ten débedas co Concello e os certificados de estar ao corrente de pagamento dos Padróns Fiscais, isto é, IBI, IAE, Lixo, Vehículos e EUI.
Por último, este novo servizo permite consultar datos propios ou da unidade familiar no Padrón Municipal de Habitantes, obter volantes de empadroamentos por Internet, pedir certificados de empadroamento. Para calquera suxestión, a Carpeta inclúe un Correo do Cidadán
Para acceder á Carpeta do Cidadán son necesarios unha identificación de usuario e un contrasinal de entrada. Os datos para entrar recóllense no Rexistro de Urbanismo ou na Oficina de Información do Concello, onde o usuario debe presentar o correspondente documento de identificación.
Este servizo está en continua evolución e en pouco tempo estará dispoñible a presentación de solicitudes nos Rexistros Xerais de Urbanismo ou do Concello para usuarios rexistrados ou usuarios que posúan certificados dixitais.
Descargar todas as imaxes