Escoitar

O Concello acelera a restauración das edificacións do Casco Vello

A Comisión do PEC-PEPRI dictaminou que os técnicos elaboren un informe por cada solicitude de rehabilitación no barrio histórico vigués, o que permitirá conservar os edificios e acelerar o labor dos constructores. Esta mesma mañá, a Xunta Local de Goberno aprobou a modificación do aparcadoiro subterráneo de Policarpo Sanz, o que suporá o inicio das obras en dous meses.

xoves, 27 dec 2007
O alcalde Abel Caballero, anunciou esta mañá a aceleración das obras de restauración dos edificios do Casco Vello. Tras a Comisión do Plan Especial de Conservación e Rehabilitación do Ensanche, o rexidor explicou que os técnicos elaborarán un informe para cada edificio a rehabilitar, co obxectivo de conservar o patrimonio e acelerar as reformas.

O plantexamento inicial para a remodelación era a demolición do interior dos edificios, opción rexeitada polos redactores de Consultora Galega, encargados da elaboración do Plan Xeral de Vigo. Agora, serán os técnicos os que determinarán en cada caso concreto as singularidades a conservar, permitindo acelerar os trámites para a restauración.

Plan Xeral

Na rolda de prensa, o alcalde de Vigo fixo unha valoración da tramitación a Pleno do PXOM de Vigo, pechada no día de onte. Abel Caballero destacou o "importantísimo apoio social" recabado por un documento "elaborado polos tres partidos políticos". O alcalde recordou, sen contar aos partidos, que "o Plan so contou coa oposición total dun membro dos 22 do Consello Sectorial, tres oposicións matizadas e o resto foron apoios". "Este é un Plan de todos, coa madurez suficiente para que sexa apoiado por todos os grupos", sentenciou o alcalde.

Aparcadoiro Policarpo Sanz

Na mesma comparecencia, Abel Caballero deu conta da aprobación do expediente que permite o inicio "de xeito inmediato" das obras do aparcadoiro soterrado de Policarpo Sanz. A presenza dun túnel na entrada do estacionamento fixo que o proxecto tivera que sera modificado, e desprazala 35 metros en dirección á Porta do Sol. As obras comezarán en dous meses, avanzou o alcalde.

Durante o tempo que duren as obras, porase en marcha un plan especial de tráfico por metades de calzadas, é dicir, cun carril de circulación en cada sentido. O plan elaborado pola Concesionaria non afectará ao transporte público, e foi calificado polo alcalde de "espléndido".

Felicitación aos bombeiros

Ás 9:15 horas da mañá tivo lugar no Casco Vello un incendio no que se viron implicadas tres persoas, todas elas evacuadas sen danos polo servizo de bombeiros. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou aos bombeiros pola súa "estraordinaria labor profesional" neste lume, e recalcou que Vigo conta cun servizo "dunha profesionalidade magnífica".

Do mesmo xeito, o alcalde fixo un chamamento ao respecto das normas de circulación, en especial nas zonas de difícil acceso, como o Casco Vello. Para a extinción do lume desta mañá, os bombeiros tiveron dificultades para acceder ata o inmoble afectado, debido a que algúns vehículos inclumplían a normativa de estacionamiento vixente.