O pavillón das Travesas acolle o sábado o I Torneo Internacional Relámpago de Tiros a Porta de Balonmán
O sábado 29 de decembro, o pavillón das Travesas será o escenario no que se dispute a primeira edición do Torneo Internacional Relámpago de Tiros a Porta de Balonmán, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Nesta primeira convocatoria, que terá lugar entre as 18 e as 21 horas, hai xa trece equipos anotados.
"Trátase dunha grande oportunidade para asistir a un bo espectáculo deportivo", manifestou o concelleiro de Deportes, quen subliñou o esforzo realizado pola entidade organizadora, Galicia Social, para desenvolver esta iniciativa. Os equipos, -integrados por un porteiro, un lanzador dende sete metros, un lanzador dende o extremo dereito, un lanzador dende o extremo esquerdo e un lanzador dende os nove metros- enfrontaranse mediante eliminatorias, pasando a seguinte eliminatoria o equipo que máis goles teña conseguido sumando os obtidos en cada posto de lanzamento.
En primeiro lugar lanzaranse dende os sete metros dez lanzamentos nun tempo máximo de corenta minutos. A continuación terán lugar outros dez lanzamentos dende o extremo esquerdo, nun tempo máximo de cincuenta minutos, e outros dez lanzamentos dende o estremo dereito nun tempo máximo tamén de cincuenta minutos. Rematarase con dez lanzamentos dende nove metros nun tempo máximo igualmente de cincuenta minutos.