Escoitar

O Berbés acollerá o Campus de Nadal do Gestibérica do 26 ao 29 de decembro

O Pavillón do Berbés acollerá, do 26 ao 29 de decembro, o Campus de Nadal 2007 do Gestibérica, patrocinado por Fibanc Mediolanum. Os nenos e mozos que participen nel terán a ocasión de inciarse no baloncesto ou mellorar as súas habilidades da man do equipo técnico deste club.

venres, 21 dec 2007
1198251327baloncesto211207.jpg
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este venres o campus como unha inciativa "moi importante" para a consolidación desta disciplina deportiva en Vigo desde a base. Nesta mesma liña, o presidente do Gestibérica, Juan Viéites, indicou que "traballar cos nenos é fundamental" para consolidar o baloncesto na nosa cidade. Para iso, un equipo técnico "de primeiro nivel", formado entre outros polo adestrador xefe do Gestibérica, Tito Díaz, ensinaralles aos nenos e mozos os segredos deste deporte.

O Campus desenvolverase no Pavillón do Berbés do 26 ao 29 de decembro, en horario de 11.00 a 18.00 horas. A inscrición custa 75 euros, 50 para o segundo irmán, e é gratuíta para o terceiro. Nestes prezos inclúese a comida que recibirán os rapaces, máis unha camiseta e unha bufanda de recordo.

Os interesados poden inscribirse na oficina do Club Ciudad de Vigo Básquet (r/ Príncipe, 28-2º) ou chamando aos teléfonos 986 228 940 ou 695 152 193. O número de prazas do campus é limitado.
Descargar todas as imaxes