Escoitar

O sábado comeza o ciclo de Concertos de Nadal de corais polifónicas e bandas de música no Auditorio Municipal

Este sábado, 22 de decembro, ás 20.00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a primeira actuación programada no ciclo de Concertos de Nadal, a cargo das corais polifónicas e as bandas de música. Nesta ocasión serán a Coral Polifónica Anduriña de Coruxo e a Banda de Música Unión Musical de Coruxo as agrupacións encargadas de interpretar valses e panxoliñas típicas destas datas.

xoves, 20 dec 2007
En concreto, o programa da Coral Polifónica Anduriña de Coruxo inclúe o "Balaio Popular do Brasil", de H. Villalobos; "Sin ti", de P. Guizar; "Era una flor", de Jesús Romo; "Fuentecilla que corres", panxoliña popular; e "Festejo de Navidad", tamén panxoliña popular. Esta coral, dirixida por Begoña Alonso, comenza a escribir a sua historia no ano 2002, e está formada por 33 voces mixtas.

Pola súa parte, a Banda de Música Unión Musical de Coruxo interpretará os temas "Inquietudes culturales", de R. Domenech Prado; "Pique Dame", de Franz von Suppé; "Una noche en Granada", de E. Cebrián; e o "Vals nº 2", de D. Shostakovich. A Banda de Música Unión Musical de Coruxo foi fundada no ano 1880 e mantívose en activo ata o 1972, cando interrompe a súa actividade ata 1982, ano no que ofreceu o seu primeiro concerto da nova etapa. Dende o verán do 2006 está dirixida por Miguel García Medraño, profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música da Estrada.

O ciclo continuará a semana que vén coa actuación, o día 27 de decembro, da Coral Polifónica da AVV-CSCR de Beade e a Banda Escola de Música de Beade; o día 28 coa Coral Polifónica da SCD Atlátida de Matamá e a Banda de Música Atlántida de Matamá; e o día 29 co concerto da Coral Polifónica da AVV de Cabral e a Banda de Música Unión Musical de Cabral.