A Xunta Local de Seguridade aproba un plan de coordinación das policías Nacional e Local
A Xunta Local de Seguridade de Vigo celebrou este mércores unha sesión ordinaria na que aprobou un plan conxunto de actuación da Policía Local e da Policía Nacional. A tal efecto constituiuse, ademais, unha mesa de coordinación policial que se reunirá os primeiros luns de cada mes.
O alcalde, Abel Caballero, cualificou este plan de "elemento central para o bo funcionamento da seguridade", que mellorará aínda máis a "espléndida" coordinación entre os dous corpos. Con este obxectivo, a mesa que reunirá os responsables da Policía Local e a Policía Nacional analizará, con periodicidade mensual, a situación da seguridade en Vigo.
Neste sentido, Caballero afirmou que "estamos en marxes de seguridade francamente razoables", se ben "queremos unha cidade aínda máis segura". Segundo datos feitos públicos polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, Vigo figura no 30º lugar na lista de taxas de criminalidade elaborada a partir de datos da Secretaría de Estado recompilados en 2006 e que inclúe as 33 cidades españolas de máis de 150.000 habitantes.
Así, mentres o promedio de delictos e faltas por mil habitantes é de 65.08 no conxunto das 33 cidades, en Vigo sitúase en 33.61. Ademais, de acordo cos datos do subdelegado do Goberno, a taxa de criminalidade en Vigo reduciuse nos últimos anos, xa que en 1999 era de algo máis do 54 por mil. Os datos de 2007, aínda non pechados, parecen indicar que este índice experimentará un lixeiro repunte, situándose arredor do 34 por mil. Segundo Delfín Fernández, que non quixo dar datos definitivos "ata que acabe o ano", isto pode deberse en parte ao aumento do 31% rexistrado no apartado de denuncias por malos tratos.
Violencia de xénero
Precisamente a violencia de xénero foi tratada "en profundidade" pola Xunta Local de Seguridade deste mércores. En canto ao aumento das denuncias por malos tratos, o subdelegado do Goberno lembrou que "non significa que aumenten os feitos". Neste sentido, Delfín Fernández cualificou de "positivo" que haxa máis denuncias, xa que deste xeito os corpos de seguridade poden ofrecer solucións máis eficaces en relación a esta problemática. Actualmente hai en Vigo 387 ordes de protección en vigor. A Policía Nacional encárgase de velar pola seguridade das vítimas en 238 destes casos, mentres que a Policía Local o fai en 111 e a Autonómica, en 38.
Seguridade vial
Outro dos puntos da orde do día da Xunta era o da seguridade vial, despois da entrada en vigor en Vigo do carnet por puntos e dos novos supostos penais por condutas indebidas ao volante. En relación ao primeiro tema, o subdelegado do Goberno celebrou que se aplique o novo carnet, xa que é unha medida destinada a mellorar a seguridade nas estradas, aínda que sinalou que polo de agora a retirada efectiva de puntos non se ten levado a cabo na nosa cidade. Sobre os supostos penais, Delfín Fernández indicou que a Policía Local "ten xa instrucións" para velar polo establecido na nova normativa.
Horario dos locais
Por outra parte, Abel Caballero anunciou que tanto el como o subdelegado do Goberno van poñerse en contacto coa Xunta de Galicia para elaborar un programa conxunto de actuación para garantir o cumprimento dos horarios de peche dos locais nocturnos. Caballero adiantou que as conversas incluirán os representantes do sector afectado, pero advertiu que "imos facer cumprir os horarios de peche", dos que dixo que "xa son suficientemente amplos".
Descargar todas as imaxes