A revisión das tarifas do autobús urbano e de auto-taxi centra a reunión do Consello Sectorial de Transportes
O concelleiro de Seguridade, Mobilidade e Transportes, Xulio Calviño, salientou este martes a "recepción positiva" dispensada polas entidades sociais e económicas reunidas no Consello Sectorial de Transportes á revisión das tarifas do autobús urbano e de auto-taxi para 2008 acordada polo Goberno local.
A revisión, presentada onte luns, supón, en palabras de Xulio Calviño, un "grande avance" para os usuarios do transporte público colectivo e do auto-taxi, o que explica o "apoio" do Consello Sectorial.
O concelleiro, ademais, fecilitou expresamente a VITRASA "pola súa boa disposición" en relación á conxelación dos bonobuses, medida que, segundo lembrou, beneficia especialmente os pensionistas. Así mesmo, Calviño agradeceulle á empresa concesionaria a asunción do 95% dos custos da suba do billete ordinario e a aceptación do dereito dos usuarios a realizar dous transbordos de liña en lugar de un, dentro dos 45 minutos establecidos a tal fin.
A revisión das tarifas de auto-taxi e do servizo público de transporte urbano colectivo en autobús será tratada na sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local que terá lugar mañá mércores ás 09.30 horas.
Descargar todas as imaxes