A Concellería de Xuventude anima a participar na Festa de Nadal do colectivo La Tanda
Este sábado, 22 de decembro, o pub Ensanche será o escenario da Festa de Nadal organizada polo colectivo cultural La Tanda, segundo anunciou este mércores a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso. A cita dará comezo ás 19.00 horas e nela terá cabida unha ampla programación cultural. O 50% por cento da recadación destinarase a Amnistía Internacional.
"Dende a Concellería de Xuventude temos un especial interese en apoiar proxectos como os que desenvolve La Tanda, xa que é levado adiante por xente nova que busca unir as inquedanzas da mocidade", sinalou a concelleria, quen estivo acompañada na presentación do evento polo director do proxecto, o cantautor Samuel Leví, e o responsable de Amnistía Internacional en Vigo, Alberto Estévez.
O programa do sábado inclúe unha exposición pictórica de Lidia Costa Fernández, un concerto do propio Samuel Leví, unha mostra dos deseños de Natalia García Poza, un recital literario a cargo de Olalla Vergara e unha charla do sindicalista colombiano Luis Torres. Neste sentido, o responsable de Amnistía Internacional explicou que ser sindicalista e defensor dos dereitos humanos en Colombia "supón un importante risco para a propia vida, e ese precisamente é o caso de Luis Torres, quen no seu país ten liderado o retorno de campesiños desprazados, polo que está ameazado polas forzas paramilitares".
Para loitar contra esta situación, Amnistía Internacional desenvolve un programa de protección aos defensores dos dereitos humanos ofrecéndolles protección, e "mentres a súa situación persoal non mellora, Torres atópase vivindo temporalmente en España", sinalou Alberto Estévez. Como parte das actividades que desenvolverá Luis Torres durante a súa estadía en Vigo, o venres reunirase con representantes dos distintos sindicatos con representación na cidade para convidalos a participar neste programa de defensa dos dereitos humanos.
Pola súa parte, o colectivo "La Tanda" ten formado, durante o último ano, un espazo artístico e creativo dirixido á mocidade viguesa, no que teñen participado 1.800 persoas. "Trátase dunha das experiencias máis gratificantes nas que teño tomado parte", confesou Samuel Leví, quen quixo agradecer o apoio amosado pola Concellería de Xuventude para desenvolver esta iniciativa.
Descargar todas as imaxes