O ciclo de Concertos de Nadal de corais polifónicas e bandas de música continúa no Auditorio Municipal
O Auditorio Municipal acolle o día 27 a segunda actuación programada no ciclo de Concertos de Nadal, a cargo das corais polifónicas e as bandas de música. Nesta ocasión actuarán a Coral Polifónica da AVV. CSCR de Beade e a Banda Escola de Música de Beade.
A Coral Polifónica da AVV. CSCR de Beade comezou o seu traballo na formación de coralistas no ano 1985, e o seu primeiro concerto data do 14 de xuño de 1987 no Auditorio da Asociación que lle da nome e con motivo da celebración da II Festa da cereixa. O seu primeiro director foi Julio César Mariñas Iglesias, que desenvolveu a sua actividade ata o ano 1990. Do ano 1990 e ata 1996, faise cargo da dirección Óscar Villar. E xa dende 1996 e ata hoxe, o director é Rafael Pérez Dopeso. No ano 1998 foron elexidos finalistas do Festival de Villancicos de Caixanova, e no ano 2001 graban o seu primeiro CD conxuntamente co grupo de cordas clásicas do CSCR de Beade. Teñen actuado non só en diversas cidades españolas, como Valencia, Badaxoz e Valladolid, senón tamén en Ponte de Lima, Roma e na Cidade do Vaticano.
O programa que interpretarán inclúe os temas "No tardes Ton"; "Unha noite na eira do trigo", de C. Enriquez e R. Pérez; "O Neno durmía", de A. Paz Valverde; "Maite", de P. Sorozabal; "A la nanita nana", unha panxoliña popular de Andalucía; e "Muradana", de Ánxel Viro.
A Banda-Escola de Música de Beade tamén comeza a escribir a súa historia no ano 1985, pero non será ata catro anos despois cando conte con profesores especializados nos diferentes instrumentos e asume a dirección artística Javier Comesaña Pereira ata o ano 1992. Será entón cando o releve en tal función durante os seguintes sete anos Julio Vázquez Martínez, que no ano 1999 cederá a batuta da agrupación a Javier Viceiro Filguera ata o ano 2006, para pasarlla en outubro do mesmo ano o cargo ao actual director Luis A. González Amosa. Son moitas e variadas as participacións da banda-escola en diferentes certames. En marzo do ano 2002 a banda- escola edita un cd no que se recollen diferentes estilos musicais, así como pezas compostas expresamente para banda. Son salientables a súa vez os intercambios culturais que esta agrupación realiza con bandas de diferentes puntos da xeografía peninsular como Alcorcón, Oviedo, Valencia, Valladolid, Monçao, Tomar, entre outros, así como tamén a participación en diversos festivais musicais. No seu concerto interpretarán "X Certamen", de David Fiuza; e "Capricho Español" de Rimsky Korsakow.
O ciclo continuará o día 28 coas actuacións, da Coral Polifónica da Scd Atlátida de Matamá e a Banda de Música Atlántida de Matamá; e o día 29 co concerto da Coral Polifónica da Avv de Cabral e a Banda de Música Unión Musical de Cabral.
Continúa na escalinata do Marco o ciclo de concertos de panxoliñas a cargo das corais polifónicas
Hoxe continúa, ás 19 horas na escalinata do Marco, o ciclo de concertos de panxoliñas nas que as corais polifónicas son as protagonistas. A actuación de hoxe correrá a cargo do Coral Polifónica Santiago Apóstol.
Esta coral naceu en Vigo no ano 1994, polo impulso de Emilio Vega, Superior
da Comunidade de Xesuitas do Colexio Apóstol Santiago de Vigo, co obxectivo de acadar a integración da comunidade educativa en torno a unha actividade artística e cultural. Despois da súa presentacion pública no ano 1995, actuaron por toda a xeografía
galega, o norte de Portugal e en Canadá, con concertos en monasterios, catedrais,
asociacións, centros culturais e colexios, así como en festivais de panxoliñas e música sacra. Teñen dúas grabacións discográficas no mercado que datan de 2002 e 2005.Na actualidade forman a coral unhas 50 persoas, e está dirixido polo mestre lituano Rimas Znadavicius.
Nesta ocasión, interpretarán os temas "Gloria ao Señor", de G. F. Haëndel; "Vinde nenos e rapaces", unha panxoliña popular; "Paxariños", panxoliña popular galega; "Soan as campás", de Xosé A. Cantal; "Audite silete", de M. Praetorius; "Dormi dormi"; "Santa notte", unha panxoliña popular de Italia; "Canto do Nadal", de M. Praetorius; "Nunca soan as campás", de F. Zabala; "Non a debemos durmir"; "Noite de paz", de F. Grüber; "Chegou a hora máis alta", de M. Faria; e "Adeste fideles".
A Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia, actuará mañá, día 27, cun programa integrado polos temas "Oh luna", de Rey Rivero; "Os cregos e os taberneiros", unha panxoliña popular galega; "Cuba donde nací", de Rey Rivero; "La parranda Popular", unha panxoliña popular de Murcia; o chotis "Majos madrileños", "A estrela", de X. A. Oliveira; "Señora doña María", unha panxoliña de Chile; "Durme meu ben", de Rey Rivero; "Ven dulce amado mío", de Rey Rivero; e "Seguindo unha estrela", J. Domínguez.
Esta coral comeza os seus ensaios no ano 2000, impulsada polas inquedanzas culturais dun veterano grupo de incondicionais da música. Dende entón ten participado en múltiples actuacións e festivais, como os concertos na catedral de Tui, en beneficio dos afectados polo Tsunami de 2004 e a organización do Festival de Corais das Letras Galegas no mes de maio e o Outono Musical durante o mes de outubro. Dende o ano 2003, a Coral está dirixida por Javier Domínguez Millán, que compaxina a docencia en canto e clarinete coa dirección de diferentes bandas de música.
O ciclo, que en caso de chuvia desenvolveráse no salón de actos do Marco, completarase coas actuacións da UVCD de Candeán, o día 28; a AACC Agarimo, o 29; e a AVV Emilio Crespo de Navia, o 30.