A Praza do Rei acolle a carpa máxica do Carteiro Real con obradoiros para os máis pequenos
A Praza do Rei acolle dende o 26 de decembro ás 17.30 horas, e ata o 5 de xaneiro, a carpa máxica do Carteiro Real. Baixo o lema "A aventura de ler", neste recinto desenvolveranse diversos obradoiros diirixidos aos máis pequenos, como actividades de animación, contacontos e ciclobibliotecas, entre outros.