Escoitar

A Praza do Rei acolle a carpa máxica do Carteiro Real con obradoiros para os máis pequenos

A Praza do Rei acolle dende o 26 de decembro ás 17.30 horas, e ata o 5 de xaneiro, a carpa máxica do Carteiro Real. Baixo o lema "A aventura de ler", neste recinto desenvolveranse diversos obradoiros diirixidos aos máis pequenos, como actividades de animación, contacontos e ciclobibliotecas, entre outros.

mércores, 26 dec 2007
O horario da carpa será de 17.30 a 20.30 horas, excepto o 1 de xaneiro, que abrirá de 11 a 13 horas. Os únicos días nos que a carpa permanecerá pechada son os días 31 de decembro e o 1 de xaneiro.

Hoxe tamén comezan as visitas que o mesmo Carteiro Real realizará a diversos barrios e parroquias da cidade, como Travesas, Teis, Calvario, Bouzas e Príncipe, así como aos seus centros veciñais e culturais.

As visitas do Carteiro Real serán todos os días ata o 4 de xaneiro, excepto o 31 de decembro e o 1 de xaneiro, en horario de 18 a 20 horas.