Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 27 dec 2007
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 28 DE DECEMBRO DE 2007


ALCALDÍA
1.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo" para a difusión de políticas de axuda e asesoramento ás institucións, relacionadas coa problemática social vinculada ós malos tratos ás mulleres e en xeral ás politicas de igualdade. Expte. 4456/101.

BENESTAR SOCIAL
2.- Proxecto de convenio de colaboración coa Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, para a contratación e posta en funcionamento dun equipo de inclusión sociolaboral, no marco do II Plan Galego de Incusión Social. Expte. 27179/301.

3.- Convalidación de gasto por importe de 26.781,96 € a favor de Securitas Seguridad España S.A. Expte. 27167/301.

CULTURA
4.- Participación do Concello de Vigo na XXVI edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor. Expte. 10614/331.

DEPORTES
5.- Recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de Construcciónes Alea S.L. pola execución dun proxecto modificado de obras na piscina de Valadares. Expte. 7389/333.

6.- Recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de Suso Fernández S.L. polas obras de reparación realizadas na soleira do polideportivo municipal do Carballas. Expte. 7390/333.

7.- Recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de Roymer Obra Civil S.L. pola execución do proxecto modificado do campo de fútbol de herba sintética de Candeán. Expte. 7438/333.

EDUCACIÓN
8.- Indemnización substitutiva por importe de 6658,10 € a favor de Producción e Xestión Cultural S.L. Expte. 9052/332.

9.- Indemnización substitutiva por importe de 21.513,35 € a favor de Autocares La Florida S.A.L. Expte. 9038/332.

10.- Indemnización substitutiva por importe de 19.265,99 € a favor de Seryges S.L. Expte. 9039/332.

INTERVENCIÓN
11.- Xustificantes de libramentos.

MULLER
12.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Asociación "Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres" e o Concello de Vigo para a realización do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres e a Dinamización da Casa das Mulleres de Vigo. Expte. 3118/224.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
13.- Aboamento de cuotas de comunidade pola propiedade do local sito na rúa Quintela nº 31. Expte. 18208/240.

14.- Proxecto modificado nº 2 do proxecto arquitectónico das obras de musealización da vila romana de Toralla (2ª fase). Expte. 3517/307.

15.- Aprobación definitiva do acordo de modificación da concesión de servizo público de aparcadoiros subterráneos de uso mixto nas rúas Areal, Policarpo Sanz e Pintor Colmeiro. Expte. 18144/240.

16.- Prórroga do contrato de subministración de material de oficina e impresos. Expte. 109/241.

17.- Indemnización substitutiva a favor de Limpezas del Noroeste S.A. Expte. 18129/240.

18.- Ampliación do contrato de Servizo de subministración, execución, reposición e mantemento de sinalización horizontal e vertical no termo municipal de Vigo. Expte. 74207/210.

19.- Ampliación do contrato para a substitución de puntos de luz por outros de menor consumo e maior eficiencia enerxética.

20.- Reclamación de D. Victor Manuel López Vieira de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 1293/243. Estimada.


PATRIMONIO HISTÓRICO
21.- Indemnización substitutiva por importe de 41.988,93 € a favor de "Remolcadores Nosa Terra S.A."

PERSOAL
22.- Convalidación de gasto por importe de 4.349,73 en concepto de honorarios do letrado D. Lorenzo Velayos Real. Expte. 17923/220.

23.- Productividade por toxicidade do persoal do Servizo do Parque Móbil. Novembro 2007. Expte. 17941/220.

24.- Festividade e nocturnidade do persoal municipal. Outubro-novembro 2007. Expte. 17947/220.

25.- Nomeamento como funcionario de carreira dun conductor-bombeiro do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 17979/220.

26.- Nomeamento interino de tres auxiliares de Administración Xeral. Expte. 17978/220.

27.- Nomeamento como funcionarios de carreira de catro cabos do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 17980/220.

28.- Nomeamento como funcionarios de carreira de catro bombeiros do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 17982/220.

29.- Convalidación de gasto a favor de FREMAP por importe de 30.050 €. Expte. 17968/220.

30.- Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión interina dunha praza de técnico medio no Servizo de Turismo, Comercio e Industria. Expte. 17884/220.

PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
31.- Prórroga do contrato de aluguer do inmoble de Estrada do Vao por un novo período de tres meses. Expte. 4965/77.

POLICÍA LOCAL
32.- Indemnización substitutiva por importe de 26.041,74 € a favor de Taelpo S.Coop. Expte. 33605/212.

33.- Indemnización substitutiva por importe de 10.859,20 € a favor de Taelpo S.Coop. Expte. 33627/212.

TURISMO
34.- Convalidación de gasto por importe de 20.495,96 € a favor de diversos terceiros pola realizaicón de eventos turísticos. Expte. 2276/104.

URBANISMO
35.- Expediente de contratación por procedemento negociado para o alleamento do aproveitamento municipal no Polígono delimitado polas rúas San Xoán e Padre Celso. Expte. 4788/401.

36.- Modificación do domicilio social da Xunta de Compensación da U.A. Rosalía de Castro II. Expte. 4789/401.

37.- Contratación do servizo de Seguridade e Vixilancia no edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo e convalidación dos servizos prestados por "Anteres de Seguridad S.A.". Expte. 2363/407.

38.- Rogos e preguntas.