Nadal en Castrelos
<br /> Co gallo das festas de nadal o museo municipal "Quiñones de León" organiza unha programación especial entre os días 27 de decembro e 4 de xaneiro de 2008.
CON LE STELLE. Concerto de música de nadal
O venres 28 de decembro, ás 20.30 hs, o grupo de música antiga Resonet dará o concerto "Con le Stelle" no que se interpretarán varias pezas de música culta e popular propias do nadal en Europa. A actividade é libre e gratuíta ata completar o aforamento (100 persoas).
O grupo compostelán Resonet foi fundado en 1990 coa finalidade de interpretar música antiga europea, en especial a relacionada con Galicia. Desenvolve a súa actividade por toda Europa e estará formado, para esta ocasión, por Mercedes Hernández e José Enrique Pedrosa, canto; Carlos Castro, percusións; e Fernando Reyes, cítola, viola de man, guitarra barroca e tiorba.
O repertorio que interpretarán comprende obras de Afonso X o Sabio; os Cancioneiros da Colombina e Upsala (ss. XV e XVI); así como pezas populares españolas e galegas típicas do nadal.
OBRADOIRO DE ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS
Entre o mércores 26 de decembro e o venres 4 de xaneiro desenvolverase na biblioteca do museo un obradoiro de actividades dirixido a nenos e nenas de entre catro e doce anos. A duración do obradoiro é de dúas horas, polas mañás de 11 a 1; e polas tardes de 17.30 a 19.30. A entrada é gratuíta e sen reserva ata completar o aforamento que se completará por orde de chegada ao museo (25 nenos por obradoiro).
Días programados:
Decembro: mércores 26, xoves 27, venres 28 e domingo 30 de 11.00h a 13.00h. Sábado 29 de 17.30h a 19.30h.
Xaneiro: Mércores 2, xoves 3, venres 4 de 11.00h a 13.00h.