Despedida das "tardes e noites vivas"
Esta fin de semana, venres 28 e sábado 29, o programa da concellaría de Mocidade "Tardes e Noites Vivas" despide a súa edición de outono 2007. Para elo está previsto un Torneo de espadas de goma-espuma na Asociación Xuvenil Cancerbero. No pavillón do Berbés, ademais das actividades deportivas (musculación, squash e baloncesto "Vigo en xogo"), celebraranse varios obradoiros: un de imaxe persoal que se centrará sobre todo nos complementos, un de candeas e outro de bailes de salón. O pavillón de Coia apostará polos bailes tipo salsa, os xogos de estratexia e enxeño e o fútbol sala.
Esta tamén será a derradeira oportunidade de poder cubrir unha tarxeta para participar no sorteo de 25 MP4, 20 marcos dixitais, 20 altavoces con webcam e micro e 3 bicicletas plegables.
Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31),
Teléfono: 986 294 806 Correo electrónico xuventude@vigo.org
Páxina web: www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes
Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31),
Teléfono: 986 294 806 Correo electrónico xuventude@vigo.org
Páxina web: www.xuventudevigo.org