Nova programación sobre o legado arqueolóxico do municipio
A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, vén de presentar as actividades para o novo curso escolar do Centro de Divulgación Arqueolóxico Municipal –CEDAM- co fin de sensibilizar sobre o patrimonio arqueolóxico mediante obradoiros e exposicións.
A Concellería de Patrimonio Histórico puxo en marcha o ano pasado o Programa Municipal de Divulgación e Interpretación do Patrimonio Arqueolóxico, que contempla a execución de diferentes actuacións co obxecto de protexer e divulgar o legado arqueolóxico presente no municipio de Vigo. Neste marco, a Concellería xestiona un equipamento singular en Galicia: o centro de divulgación arqueolóxico municipal.
José Valtierra, técnico do centro, explicou, na rolda de prensa de presentación das novas actividades que o primeiro que fai o visitante é asumir o papel dun equipo de arqueólogos e realizar unha escavación. Deste xeito, experiméntase como é o proceso científico que permite coñecer un tema no máis remoto pasado a través dunha ampla simulación arqueolóxica e a interpretación do atopado nela.
En canto aos obradoiros programados para este curso son: a alimentación e a cociña do pasado dende o Paleolítico á Romanización; a metalurxia na antigüidade; a vida na Prehistoria; a vida na cultura castrexa, e a vida na cultura romana.
As actividades do centro poderán verse reforzadas cunha visita á nova sala de arqueoloxía do Museo Municipal Quiñones de León, no que se ten previsto instalar a finais deste ano un obradoiro específico.
O CEDAM está situado na parroquia de Saiáns, funciona de luns a venres en horario de 10 a 13.30 horas e o seu teléfono é o 986 460 812.
Descargar todas as imaxes