Escoitar

Santi Domínguez asume a presidencia do Consorcio do Casco Vello

O Consorcio do Casco Vello realizo hoxe venres o traspaso da presidencia de Jose Manuel Figueroa ó tenente de alcalde e novo presidente , Santi Domínguez, no decurso dunha reunión na que ademais se aprobou o prego de condicións para a rehabilitación e dúas vivendas por un importe de case 950.000 euros.

venres, 5 out 2007
1191590298santichema051007.jpg
O Consorcio creouse no ano 2005 por parte da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo, co interese de levar acabo actuacións e intervencións que contribúan ó proceso de rehabilitación da súa Area de Rehabilitación Integrada (ARI) delimitada no Casco Vello de Vigo, mediante a adquisición de terreos, adquisición e rehabilitación de inmobles e rehabilitación e mellora do medio urbano.

Dende a súa constitución o Consorcio adquiriu 11.000 m2 de inmobles que se destinarán a vivendas ( calcúlase que poderían ser 100 vivendas)

O novo presidente, Santi Domínguez, informou das próximas accións que se desenvolverán de xeito inmediato como a posta en marcha de políticas de dinamización cultura, comercial e turísticas; a colocación da nova sinalización; a dotación económica para o presuposto do 2008 dunha partida para o plan de mobilidade e a posibilidade de emprazar na zona un centro de información universitario.
Descargar todas as imaxes