Escoitar

O Salón das Denominacións de Orixe chegará o IFEVI o día 15

O IV Salón das Denominacións de Orixe e Calidade abrirá a súas portas do 15 ó 17 de outubro nas instalacións do IFEVI. A feira, un referente na delicatessen contará con máis de 100 expositores de diferentes sectores cunha participación importante de empresas galegas e portuguesas que apostan polos productos alimenticios de calidade.

xoves, 4 out 2007
1191580571delicatesen.jpg
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, afirmou durante a presentación deste evento este xoves, que "Vigo tamén é unha cidade que necesita denominación de orixe para promocionarse e darse a coñecer". Segundo Domínguez, esta feira reúne os valores do bo gusto, a calidade e a profesionalidade, o que a converte nun "grande escaparate para vender a boa imaxe dos produtos galegos". Neste sentido, o tenente de alcalde sinalou que para Vigo o Salón tamén é importante porque permitirá difundir a imaxe da cidade no exterior.

O salón contará cun calendario de actividades nos que se poderá atopar desde un exhibición de alta cociña asturiana, a cargo de tres estrelas Michelín; cartas de viños e augas, o acercamento ao mundo do whisky ou á cervexa; a decoración de mesa e bufetes con froita; ou as diferentes formas de preparar o polbo. Un acercamento á dieta atlántica, patrocinado por la Dirección Xeral de Turismo, a cociña transfronteriza Galicia-Portugal cun mesmo producto e a súas diferentes visións, así como tertulias gastronómicas serán os protagonistas das xornadas.

Espazo do IFEVI

En relación aos problemas de espazo do IFEVI, Santiago Domínguez asegurou que o Concello e a Consellería de Industria "están facendo un esforzo moi importante" para que poida responder á demanda de eventos feirais que "afortunadamente" ten Vigo.

Ademais, Domínguez lembrou que "xa está en marcha" a instalación de bancadas retráctiles que permitirán acoller grandes eventos deportivos e musicais e que existe xa un anteproxecto para a ampliación do párking do recinto.

Por último, o tenente de alcalde adiantou que na próxima reunión do Padroado do IFEVI, do que é presidente, solicitará que se encargue un estudo para a ampliación do recinto feiral de Cotogrande.
Descargar todas as imaxes

Máis información