Escoitar

Reunión das entidades de voluntariado co concelleiro Santos Héctor Rodríguez

53 entidades inscritas na Oficina Municipal de Voluntariado celebraron o pasado xoves unha xuntanza co concelleiro delegado Santos Héctor Rodríguez, co fin de intercambiar información e propostas para o futuro.

venres, 5 out 2007
1191583783voluntariado.jpg
Na reunión acordouse mellorar a calidade da acción do voluntariado na cidade e reforzar a coordinación das entidades de cara a optimizar os recursos das mesmas.

Actividades da Oficina Municipal de Voluntariado

A OMV encárgase da xestión dunha Bolsa de Voluntariado que conta con 532 persoas activas, das cales 45 se deron de alta ao longo de 2007. Do total de persoas activas, 242 teñen destino actualmente nalgún dos catro programas que está a desenvolver a OMV.

Estes programas son os seguintes: Acompañamento a maiores, menores e discapacitados, Voluntariado Medioambiental, Apoio a Entidades non Lucrativas e Voluntariado en Actividades Puntuais.
Descargar todas as imaxes