Escoitar

Vigo vaise promocionar turisticamente no Algarve portugués

O Concello de Vigo establecerá un protocolo de colaboración coa Cámara Municipal de Albufeira para a promoción turística da nosa cidade nesa cidade do Algarve. Esta foi a principal conclusión do encontro que o tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este luns con representantes municipais da cidade lusa.

luns, 8 out 2007
1191847197albufeira081007.jpg
Na xuntanza establecéronse as liñas de colaboración que funcionarán entre Vigo e Albufeira a nivel turístico. Santi Domínguez explicou que xa en novembro a cidade lusa vai desenvolver unha actividade de promoción turística na nosa cidade dentro do certame Expogalaecia. O seguinte paso, segundo sinalou o tenente de alcalde, será facer que Vigo estea tamén presente en Albufeira para presentarse como destino turístico.

O tenente de alcalde pensa que este municipio pode servir como punto de partida para a promoción de Vigo en toda a zona do Algarve. Esta rexión de Portugal é un dos principais destinos turísticos que elixen os vigueses e Santi Domínguez quere que ese fluxo teña unha dobre dirección, facendo que tamén os portugueses do sur incorporen a nosa cidade como un lugar para o seu descanso.

No encontro participaron o xefe do gabinete do presidente da Cámara Municipal, Paulo Dias, e Isabel Esteves, delegada da Axencia de Inversión e Comercio Exterior de Portugal en Vigo.
Descargar todas as imaxes