Escoitar

A Xunta de Goberno aproba unha subvención para o proxecto "Vacacións en paz 2007"

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o texto do convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para o desenvolvemento do proxecto "Vacacións en paz 2007".

luns, 8 out 2007
1191849198xunta081007.jpg
Este proxecto trata de posibilitar o desprazamento de nenos e nenas saharauis desde os campamentos de refuxiados de Tindouf a Vigo para seren acollidos por parte de familias viguesas durante os meses de xullo e agosto. En 2007, a Concellería de Benestar Social financiou o desprazamento de 30 nenos e nenas no marco deste proxecto, coa achega de 17.850 euros aprobada este luns pola Xunta de Goberno Local como subvención directa á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Por outra parte, a Xunta de Goberno autorizou un gasto de 19.600 euros para a subministración dun sistema de telecotrol da rede de abastecemento de Vigo.
Descargar todas as imaxes