Escoitar

O Verbum pon á venda fotografías de Javier Albertos

O Verbum – Casa das Palabras pon á venda, a partir do sábado 29 , unha edición limitada de 50 exemplares da fotografía "Dyan Bumver" de Javier Albertos. A obra é unha homenaxe a Andy Warhol que realizou o fotógrafo e que serviu de portada ao número dous do Revistum, a revista editada polo Verbum.

venres, 28 set 2007
1190986631dyan_bumver_prensa.jpg
Dyan Bumver
Javier Albertos (Vigo, 1975). A súa obra ten sido publicada por revistas e xornais internacionais como o Sunday Times (UK) ou The Billionaire (Mexico e USA), e en medios nacionais como El Mundo, El País, Revista DT, Cuadernos de Jazz. Participou en proxectos de empresas de Estados Unidos, Noruega e Suíza e é pai do observatorio urbano fotográfico: vigoenfotos.com

Javier Albertos expón por primeira vez no museo Verbum no ano 2005 na exposición fotográfica "80 fotografías ó redor de Verne". No 2006 faino na exposición "55" de Brasil e na individual "Identidades Sumergidas" na galería Termes de Vigo.

No ano 2007 participa nas exposicións "Portraits New Trends" e "The Dream: The subconscious" na galería Primo Piano Gallery de Italia e "Art in mind" na Brick Lane Gallery de Londres. Na actualidade prepara novas exposicións en Irlanda, Alemaña e Gran Bretaña.
Descargar todas as imaxes