Comeza a retirada de puntos do carné a partir do 1 de outubro
O concelleiro de Seguridade, Tráfico e Transporte, Xulio Calviño, presentou este venres a posta en marcha do carné por puntos na cidade. A partir do 1 de outubro os infractores das normas de tráfico serán sancionados coa perda de puntos do carné.
Trala colocación, o pasado 1 de agosto, de 9 radares fixos co fin de sensibilizar e chamar a atención sobre as gravísimas consecuencias que, para a seguridade vial e para a vida das persoas, teñen comportamentos reincidintes na inobservancia das normas, a concellería de Seguridade, Tráfico e Transporte pon, o vindeiro luns 1 de outubro, en funcionamento, a retirada de puntos do carné por aquelas infraccións, graves e moi graves, que supoñan un risco para a seguridade dos conductores e peatóns.
Analizando os datos estadísticos obtidos dende principios do 2006 e até agosto de este ano, se observa que existe un descenso xeral en casi todos os aspectos analizados, como o número de falecidos ou o número de atropelos, e un ascenso significativo do número de accidentes con víctimas, e do número de heridos graves e leves.
O número de accidentes en Vigo, comparando o ano 2006 co 2007, disminuiu significativamente en todas aquelas zonas onde se colocaron os radares, a excepción das rúas de Valladares e Clara Campoamor, polo que se pode concluir que os radares cumpren a súa función de incrementar a seguridade na cidade, salvando vidas e evitando accidentes.
As infraccións máis graves, suxeitas á sanción por puntos, serán as seguintes:
- Conducir con taxas de alcohol superiores ás reglamentarias que suporá unha pérdida de entre 6 e 4 puntos
- Incumprir a obriga de someterse ás probas de grao de alcoholemia: perda de 6 puntos.
- Sobrepasar en máis dun 50% a velocidade máxima autorizada. Superar cando menos en 30 km/h o límite máximo: perda de 6 puntos
- Incumprir a obriga de detención ante semáforo en vermello cando existe risco certo e relevante: perda de 4 puntos
- Conducir sen casco: perda de 3 puntos.
O concelleiro de Seguridade salientou que, de momento, non suporá unha retirada de puntos as infraccións como non levar o cinturón o falar por teléfono e advertiu que os controis da Policía Local seguirán permanentemente en diferentes rúas da cidade.
Descargar todas as imaxes