Escoitar

As novas tecnoloxías comparten cartel coas tradicións nas "Tardes e Noites Vivas"

Play Station, Internet, Chat, Messenger, Wifi, Bluetooth e outras novas tecnoloxías comparten a carteleira desta fin de semana con outras actividades relacionadas coas tradicións, coma baile galego, pandeireta, traballo artesanal do coiro, dentro da programación de Tardes e Noites Vivas.

venres, 20 abr 2007
Esta fin de semana, venres 20 e sábado 21 de abril, o programa da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo "Tardes e Noites Vivas" oferta ao público xuvenil unha programación onde as novas tecnoloxías e a tradición comparten cartel con actividades que van dende os torneos de Play Station, acceso a Internet, conexión Wifi, Bletooth, liga de xogos en rede, etc ata iniciación á cultura galega ( baile, pandeireta, ...), pasando por unha morea de obradoiros ( teatro, cociña, coiro, cócteles sen alcohol, ...), bailes, deportes.

Todas estas actividades son gratuítas, abertas a toda a xuventude de Vigo, e desenvólvense en diferentes puntos da cidade (pavillóns municipais, asociacións xuvenís, asociacións veciñais) e en diferentes horarios comprendidos entre as 17:00 e as 2:00 horas.

A programación para esta fin de semana é a seguinte:

O venres 20 de abril
-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1): Obradoiros de diversos obxectos con cómics, máscaras de xeso. Tai-chi. Pachanga nocturna ao aire libre, e Xogos de mesa. Entre as 22 e a 01 h.
-Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana,6): Megabatalla Warhammer 40.000. De 22:00 a 2:00h.
-No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1):Danzas do Ventre. Obradoiros de cócteles sen alcohol e coiro artesanal. Musculación e squash. Baloncesto "Vigo en xogo". Entre as 23 e a 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): Retoca as túas fotos. Iniciación ao teatro (teatro con obxectos). Danza oriental. Pendentes e pulseiras de coiro. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger, bluetooth, wifi. Espazo aberto. Dardos electrónicos. Entre as 17 e as 23 h.
-No Pavillón de Coia (Avda. Castelao s/n): Actividades deportivas. Iniciación á cultura galega (baile, pandeireta). Entre 23 e 01 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo): Torneo de Play Station. Obradoiros "Faino ti mesmo" (pulseiras, colares e pendentes de abelorios e carteiras de coiro). Obradoiro de Break dance. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre 17.30 e 23.00 h.

Sábado 21 de abril
-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1): Capoeira. Obradoiros de chaveiros ecolóxicos. Bailes salsa. Pachanga nocturna ao aire libre. Xogos de mesa. Entre 22 e 01 h.
-No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1): Baile moderno. Obradoiro de tartas. Iniciación aos masaxes. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre 23.00 e 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas): Retoca as túas fotos. Iniciación a Break-dance. Obradoiro de pendentes e pulseiras de coiro. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger, bluetooth e wifi. Espazo aberto. Karaoke. Dardos electrónicos. Entre 17 e 23 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo): Visionado de estrelas. Faino ti mesmo (pulseiras, colares e pendentes de abelorios e carteiras de coiro). Cociña: Prato mexicano. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre as 18 e 23.30 h.
-Na Sala A! (Avda. Beiramar, 113): Concerto a cargo dos grupos Septiembre e Jaylanders.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31). Teléfono 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org