A alcaldesa entrega a recadación de Vigolandia a tres entidades benéficas
A alcaldesa, Corina Porro, entregou hoxe xoves os 22.000 euros recadados na pasada edición do parque de ocio infantil Vigolandia a tres entidades benéficas: a Fundación Cume, a Asociación de Axuda ao Africano AIDA e a Asociación Agaja.
O pasado 26 de decembro abriu as súas portas no IFEVI a cuarta edición do parque de ocio infantil Vigolandia, coa temática de edicións anteriores: deporte, cultura e integración.
O evento contou con numerosas actividades pensadas para os máis pequenos: inchables, pallasos, obradoiros de pintura, un circuíto de educación vial, unha tómbola benéfica e actividades deportivas. Este ano, como novidade, celebrouse un concurso de debuxo para nenos, ao que se presentaron un total de 700 traballos, que foron expostos nas instalacións do parque de ocio.
Este parque ocupou unha superficie de 12.000 m2 e foi visitado por máis de 30.000 persoas durante os cinco días que permaneceu aberto.
Vigolandia é un proxecto que naceu con fins benéficos: apoiar social e institucionalmente o labor que desenvolven entidades e asociacións a favor das persoas con discapacidade. Ao igual que en edicións anteriores, a recadación obtida nas taquillas destínase a diversas institucións benéficas.
Este ano a recadación, que ascendeu a 22.000 euros, destínase a tres colectivos: a Fundación Cume, a Asociación de Axuda ao Africano AIDA e a Asociación Agaja.
Entidades organizadoras
- Concello de Vigo, a través da Concellaría de Festas e Animación Sociocultural
- Caixanova
Entidade coordinadora
- IFEVI, Instituto Feiral de Vigo
Entidades colaboradoras
- Coca-Cola
- Alcampo
- Asociación de Comerciantes de Vigo
- Balneario de Mondariz
- Coren Grill
- Eugenio Álvarez Estévez
- Faro de Vigo
- FEGADEMPS (Federación Galega de Deporte para Minusválidos Psíquicos)
- Fundación Celta de Vigo
- Grupo Radio Vigo
- Limpiezas Almi
- Pizza Móvil
- Policía Local
- Renault Rodosa
- Special Olimpics Galicia
- Telefónica.