O Concello ultima o seu Plan de Emerxencia Municipal
A Xunta Local de Protección Civil reuniuse hoxe mércores por primeira vez para emitir o informe sobre o Plan de Emerxencia Municipal de Protección Civil do Concello de Vigo que será levado proximamente á Xunta de Goberno, antes de ser remitido á Xunta de Galicia.
O Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) é un instrumento de carácter técnico do que se dota a administración local para facer fronte a posibles situacións que supoñan riscos de distintos niveis para as persoas, os bens e o medio ambiente. Para iso, a través do PEMU desenvolveranse labores de prevención, funcións de planificación e intervención e traballos de rehabilitación.
Con este plan, as distintas institucións locais con compentencias en materia de seguridade queren asegurar a primeira resposta ante calquera situación de emerxencia que poida presentarse no termo municipal, achegando unha ferramenta de planificación e prevención ao Servizo de Protección Civil do Concello.
Ademais, o Plan nace coa intención de coordinar todos os servizos, medios e recursos das entidades públicas e privadas existentes no municipio, dar resposta ás emerxencias derivadas dos riscos identificados no propio Plan e permitir a integración de plans de ámbito inferior e a transferencia de funcións aos de ámbito superior.
Os órganos competentes na intervención do PEMU son a administración local (Concello e Alcaldía Pedánea de Bembrive), a representación da Autoridade Portuaria e da Capitanía Marítima, a Deputación Provincial, a delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra, a Policía Local, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, as Forzas Armadas, a Administración Xeral do Estado, o centro coordinador do 112-Emerxencias de Galicia, o SERGAS e outros servizos da Xunta, que se activarán en función da emerxencia.
A dirección do Plan ocuparaa a alcaldesa, quen tomará decisións en colaboración co Centro de Coordenación Operativo. Constituirase, así mesmo, un gabinete de información que servirá de nexo de unión entre os cidadáns e o Concello, facendo chegar a todos os vigueses as recomendacións necesarias nunha situación de emerxencia.
Ademais, dentro do sistema operativo do Plan crearanse os grupos de acción de intervención, seguridade, sanitario, rehabilitación, loxística e de transmisións, que integran os medios e recursos municipais con outras entidades como poden ser as grandes fábricas e as empresas que atenden servizos esenciais como os de auga, luz, gas e telecomunicacións.
Os riscos aos que se enfronta o Plan clasifícanse en dous grupos: os naturais e os inducidos polo home, con varios índices de perigosidade. Dentro do grupo dos riscos naturais, o máis grave en Vigo é o de inundacións, mentres que entre os riscos inducidos polo home sobresaen os incendios, especialmente os forestais, e o transporte de mercadorías perigosas.
Descargar todas as imaxes