Escoitar

O Eixo Atlántico prepara a I Mostra Musical de Xóves Intérpretes

O Eixo Atlántico está traballar na convocatoria de I Mostra Musical de Xóvenes Intérpretes co fin de recoñecer, promover e difundir a práctica da Música, apoinado a aqueles músicos intérpretes que poidan contribuir a difusión da afición a Música de Galicia e Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical do Eixo Atlántico.

martes, 17 abr 2007
A Mostra está dirixida a estudantes pertencentes ás cidades membro do Eixo Atlántico, que cursen estudios nas escolas de música ou en Conservatorios das cidades membros. A Mostra convocarase bienalmente en dúas modalidades: música clásica e jazz.

Constará de dúas fases, a previa e a final. A fase previa celebrarase en dúas cidades, unha en Galicia e outra en Portugal ( ainda por determinar). En cada unha delas participarán os representantes das cidades desa rexión. A final terá lugar en Vilagarcía de Arousa, sede permanente da mesma, e celebrarase a partir de 2008 entre o 15 de abril e o 15 de maio.

A idade dos participantes deberá estar comprendida, no caso dos solistas, entre os 16 e os 25 anos e, no caso das agrupacións, entre os 12 e os 25. A preselección dos participantes será realizada pola cidade respectiva.

O xurado da I Mostra Musical Eixo Atlántico estará composto por músicos de reconocido prestixio dentro do mundo musical galego e portugués.