Escoitar

Nova edicición dos cursos participativos "Vivir en parella é cousa de 2"

A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os novos do programa "Vivir en parella é cousa de 2", de carácter gratuíto, e dirixidos a homes e mulleres que teñan interese en aprender e por en práctica coñecementos sobre o coidado de roupa, de cociña, de reparacións domésticas, mecánica do automóbil, entenderse ou o coidado das persoas dependentes.

luns, 16 abr 2007
1176726562parella.jpg
Os cursos participativos enmárcanse no 3º Plan Municipal de igualdade de oportunidades das mulleres de Vigo 2005-2007.

Os cursos dirixidos para homes son os de "Os coidados que necesita a nosa roupa" e "Preparo, cociño e comparto".

Os cursos destinado para mulleres son "Reparacións domésticas básica" e "Mecánica e electricidade do automóbil".

Os cursos mixtos refírense a "Cómo podo entenderte?" e "O coidado das persoas dependentes"

O prazo de inscrición para todos os cursos remata o día 30 de abril e pódese realizar na Concellería da Muller ,1ª planta do Concello en horario de 8 a 15 horas.
Máis información no teléfono 986 810 284/ ofi.muller@vigo.org
Descargar todas as imaxes

Máis información