Escoitar

Gran festa brasileira no espazo "Sala Ábrete"

O domingo 15 de abril, na SalaA! de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha gran festa ambientada en Brasil.

venres, 13 abr 2007
1176465252festabrasil.jpg
A entrada será gratuíta e a sala estará decorada con motivos típicos de Brasil. A programación contará con:
-Exhibicións de Capoeira, Maculelê, Danza do lume e Samba, a cargo do Grupo Muzenza
-Música brasileira en directo con Sergio Renato
-Músicas variadas de Brasil
-Degustación de bebidas: Guaraná, Cupuaçú, Acerola e Açaí
-Degustación de alimentos salgados: Esfirra, Bolo salgado, Esfirra, Cichiha, Risoles e Pan de queijo.
-Degustación de alimentos doces: Beijinho de côco, cocada baiana, pé-de-moleque, bolo de fubá e Bolo gelado.

Con esta festa preténdese que os mozos e mozas de Vigo, ademais de pasalo ben en compaña dos seus amigos e amigas, coñezan e experimenten a cultura, as tradicións e o saber facer dun país coma Brasil.

"Sala Ábrete" é un Espazo de Ocio Alternativo da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración coa SalaA!, onde mozos e mozas poderán pasalo ben e abrirse a novas experiencias de ocio saudable.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806 www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes