Escoitar
Anuncio Muller

Cursos dentro do programa "Vivir en parella é cousa de 2"

A Concellería da Muller ten aberto o prazo de inscrición para os cursos de carácter gratuíto, dentro da campaña "Vivir en parella é cousa de 2" no marco do "III Plan municipal de Igualdade de Oportunidades das mulleres e homes do Concello de Vigo 2005-2007"

venres, 20 abr 2007
CURSOS MIXTOS.-

CÓMO PODO ENTENDERTE?
Destinatarios/as: Homes e mulleres maiores de 18 anos que desexen entender ou mellorar as súas relacións cos/coas demais e empadroados/as no Concello de Vigo.
Contidos: Trataranse aspectos importantes da comunicación, as emocións, a asertividade e a empatía.
Recursos para unha comunicación eficaz, xestión dos desacordos, resolución de conflitos... Factores e coñecementos que hai que ter en conta para unhas relacións interpersoais gratificantes e de calidade.
Número de horas: 20 .

O COIDADO DAS PERSOAS DEPENDENTES
Destinatarios/as: homes e mulleres maiores de 18 anos e empadroados/as no Concello de Vigo.
Contidos: Para prestar unha boa atención ás persoas maiores que están ao noso coidado impartiránse módulos sobre hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono, seguridade, termoregulación, autoestima, coidar a quen coida.
A metodoloxía basearase na impartición de clases teóricas e prácticas con simulación en manequíns preparados e co alumnado.
Número de horas: 30 .

CURSOS PARA MULLERES.-

REPARACIÓNS DOMÉSTICAS BÁSICAS
Destinatarias: mulleres maiores de 18 anos, e empadroadas no Concello de Vigo.
Contidos: Introdución ás ferramentas básicas para as reparacións domésticas sinxelas: fontanería, electricidade e albanelería
Número de horas: 18 .

MECÁNICA E ELECTRICIDADE DO AUTOMÓBIL
Destinatarias: mulleres maiores de 18 anos e empadroadas no Concello de Vigo.
Contidos: módulos teóricos e prácticos sobre: fundamentos do motor, particularidades da dirección, a transmisión, freos, rodas e neumáticos, sistemas eléctricos, depósito de combustible, mantemento, refrixeración do motor, gasolina-diesel, sistemas de seguridad, valoración e solución de avarías.
Número de horas: 30 .

CURSOS PARA HOMES.-

PREPARO, COCIÑO E COMPARTO
Destinatarios: homes maiores de 18 anos, sen necesidade de coñecementos previos e empadroados no Concello de Vigo.
Contidos: Elaboración de menús: primeiro e segundo prato, sobremesas e doces variados. Organización e distribución de alimentos no frigorífico. Cesta da compra: frescura dos alimentos, organización doméstica, dieta saudable, etc.
Número de horas: 30

OS COIDADOS QUE NECESITA A NOSA ROUPA
Destinatarios: Homes maiores de 18 anos, empadroados en Vigo.
Contidos: Clases prácticas e teóricas sobre os coidados das prendas de vestir; técnicas de pranchado, lavado, tendido e dobrado de roupa, costura básica, marcado de prendas, tratamento de manchas, organización de armario, etc.
Número de horas: 14.
Para todos os cursos o período de inscrición remata o día 30 de abril e as prazas son limitadas.

As inscricións realizaranse no departamento da muller, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, Tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.
Máis información: www.vigo.org