Escoitar
Anuncio Medio Ambiente

Aberto o trámite de información pública tras a aprobación inicial da Ordenanza de ruídos e a declaración de zonas saturadas

venres, 20 abr 2007
I.-) Comunícase a tódolas persoas interesadas que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 75, de data 18 de abril de 2007, publicáronse os seguintes acordos plenarios:
1.1.- Acordo do Pleno do Concello de Vigo, adoptado na sesión extraordinaria de 05 de marzo de 2007, sobre aprobación inicial da modificación da Ordenanza Municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións e do seu Manual-Anexo de procedementos para a medición de ruídos e vibracións (Exp. Adm. Nº 4664/306).
I.2.- Acordo do Pleno do Concello de Vigo, adoptado na sesión extraordinaria de 05 de marzo de 2007, sobre aprobación inicial da declaración como zonas acusticamente saturadas das seguintes rúas, medidas a adoptar nas devanditas zonas e protocolo de actuacións (Exp. Adm. Nº 4848/306):
Na súa totalidade decláranse inicialmente como zonas acusticamente saturadas as rúas: Alfonso XIII e Travesía Alfonso XIII, Areal, Canceleiro, Castelar, Cervantes, Churruca, Colón, Praza de Compostela, Concepción Arenal, García Olloqui, Gravina, E. Heraclio Botana, Iglesias Esponda, Inés Pérez de Ceta, Irmandiños, Isabel II, Lepanto, Luís Taboada, Matín Códax, Montero Ríos, Oporto, Pablo Morillo, Pontevedra, República Arxentina, Rogelio Abalde, Rosalía de Castro, Roupeiro, Travesía Santiago de Vigo, Serafín Avendaño e Uruguai.
Parcialmente as rúas: Avda. de García Barbón do número impar 1 ata o 137 e do número par 2 ata o 102, Isaac Peral dos números pares 2 ata o 8 e Urzáiz do número 1 ata o 49.

II.-) Comunícase a tódolas persoas interesadas en ámbolos dous expedientes administrativos que poderán presentar reclamacións e suxestións en defensa do seus dereitos e intereses lexítimos durante o trámite de información pública, comprendido dende o día 19 de abril ata o vindeiro 25 de maio de 2007. Asemade, poderán acceder ao contido dos expedientes números 4664/306 e 4848/306 que están no servizo municipal de Medio Ambiente no horario comprendido entre as 09.00 e as 13.30 horas.