Sábado con música clásica na igrexa de Cabral
A Asociación Cultural "O Coto" organiza o sábado 24 de marzo o II Coto Clásico, cun concerto na igrexa parroquial de Cabral a cargo da Orquestra Clásica Divertimento, que interpretará obras de Vivaldi, Grieg, Piazzolla e Muray.
A Orquestra Clásica Divertimento creouse en novembro de 1999 no seo da Asociación Cultural Divertimento, de Ponteareas, co obxectivo de divulgar a música orquestral mediante a organización de concertos e intercambios con outras asociacións.
A Orquestra está integrada por mozos e mozas con idades comprendidas entre os 11 e os 26 anos que comezaron a súa actividade musical no ano 1999 no Conservatorio de Ponteareas. Divertimento está incluída nos Plans Culturais da Deputación Provincial de Pontevedra, que colabora xunto coa Parroquia de Cabral na organización deste concerto, e forma parte tamén dos Circuítos Culturais da Xunta de Galicia.
O director
Iminas Kucinskas, director da Orquestra Clásica Divertimento, iniciou os seus estudos de violonchelo co profesor B. Caponis en Kaunas (Lituania) e finalizounos no Conservatorio Superior do Estado Rimsky Korsakov cos mestres B. N. Burlakov e A. P. Nikitin. Foi discípulo de M. Rostrapovich en San Petersburgo e realizou cursos de perfeccionamento no Conservatorio Superior de B. Bartok de Budapest e no Conservatorio Superior F. Liszt de Weimar.
A partir de 1991, Iminas Kucinskas foi mestre no Conservatorio Superior de Vilnius (Lituania). Na actualidade é mestre de violonchelo no Conservatorio de Ponteareas, de violonchelo e música de cámara no Conservatorio Mayeusis de Vigo e mestre de violonchelo e música en Viana do Castelo.
Ademais, é concertista coa Ensamble de Camera EPMVC, coa Orquestra Clásica Divertimento e o Quarteto "Baltquartet".
Porgrama
No concerto do sábado en Cabral, Divertimento interpretará o seguinte programa:
A. Vivaldi: Concerto op. 3 nº 11 in D minor, RV565: Allegro, Adagio e spiccato, Allegro, Largo e spiccato e Allegro.
E. Grieg: Per Gynt Suite nº 1: Solveig’s Song, Death of Ase, Anitra’s Dance, In the hall of the Mountain King.
A. Piazzolla: Meditango.
Muray: Samba Dat.
A. Piazzolla: Tango balet. Tango nº 2. Primavera Porteña.
Descargar todas as imaxes