Escoitar

Comeza o novo programa de Vigo a Escena

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a programación do primeiro semestre do ano do ciclo de teatro por barrios "Vigo a Escena" que se desenvolverá as fins de semana dos meses de marzo, abril, maio e xuño.

xoves, 22 mar 2007
1174568805vigoaescena.jpg
Un total de 33 representacións , das que catro son estrea, en 20 asociacións dos barrios e parroquias da cidade forman a programación do ciclo que se desenvolverán as fins de semana dos próximos tres meses con entrada gratuíta agás as que se celebren no auditorio municipal que constará 5 euros. López-Chaves salientou que con Vigo a Escena se potencia a descentralización cultural cara aos barrios da cidade, dinamizase o apoio das compañías teatrais locais e conséguese unha estabilidade anual do ciclo.

O concelleiro lembrou o compromiso do seu departamento de potenciar as artes escénicas todo o ano como se constata coas programacións do Festival de Teatro Alternativo, as tres semanas de teatro nas festas de verán, Con T de Teatro e a incorporación á Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Descargar todas as imaxes

Máis información