Exposición de fotografía sobre os actos da Reconquista
A Casa Galega da Cultura acolle, do 23 de marzo ao 1 de abril, unha exposición de fotografía co título "RVISIÓNS. Imaxes da Reconquista" de Marcos Rodríguez González.
Diversas imaxes da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, recollidas polas cámaras fotográficas, serven como sinxela homenaxe a aqueles míticos persoeiros que, en 1809, se botaron ás rúas na procura da recuperación da súa cidade.
A mostra, chea de cor e dinamismo, conforma unha suxerinte amalgama de ficción e realidade, na que os cidadáns se converten en actores, e os actores en veciños. As fotografías amosan prazas e rúas trocadas en espazos teatrais: un espectáculo no que todos soben, aínda sen sabelo, ao escenario.
Necesariamente, polo tanto, a exposición debe ser tamén unha homenaxe a todos esos actores/veciños que, como aqueles primeiros vigueses, seguen a botarse á rúa coa ilusión de recuperar –esta vez de xeito festivo- unha cidade perdida: o escenario, case esquecido, das súas vidas. O mesmo escenario que entón: o Casco Vello de Vigo.