Concello e Aqualia premian o colexio Martín Códax co gallo do Día Mundial da Auga
O colexio Martín Códax é o gañador na categoría colectiva da edición de 2006 do Concurso Anual de Debuxo organizado por Aqualia, empresa concesionaria do servizo da auga de Vigo, co gallo do Día Mundial da Auga.
A alcaldesa, Corina Porro, e o director de Aqualia, José Luis García Ibáñez, entregáronlles hoxe mércores un equipo informático de última xeración con impresora aos alumnos deste colexio, por ser un dos que máis debuxos presentou a este certame: un total de 150.
Dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional da Auga, Aqualia convoca o seu concurso de debuxo infantil. Nesta edición de 2006, o certame celebrouse baixo o lema "A auga, a túa fonte de inspiración", e nel participaron colexios dos máis de 800 municipios españois que xestiona Aqualia.
Un total de 1.000 nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria de 23 colexios de Vigo participaron neste concurso, ao que se presentaron arredor de 21.000 debuxos de colexios de toda España.
Aqualia aproveitou o acto de entrega do premio ao colexio Martín Códax para presentar a edición de 2007 do seu Concurso Anual de Debuxo, que este ano se celebra baixo o lema "A auga e o teu municipio. Cóidaos. Píntaos".
Con este concurso, no que poderán participar todos os escolares do municipio de Vigo que cursen 3º e 4º de Primaria, o Concello e Aqualia poñen de manifesto a súa vontade e compromiso na difusión do sentido da responsabilidade que desde a ONU se entende debemos desenvolver con respecto ao uso da auga, motivo polo cal se celebra cada 22 de marzo, desde 1993, o Día Mundial da Auga.
Descargar todas as imaxes