Concello e Ibercaja ofrecen un día na ópera a alumnos de secundaria e bacharelato
Froito da colaboración entre o Servizo de Educación do Concello e a Obra Social e Cultural de Ibercaja, os días 21, 22 e 23 de marzo o Auditorio Municipal albergará o espectáculo didáctico-teatral para alumnos de educación secundaria e bacharelato "Un día en la ópera", a cargo da compañía de Zaragoza cantArte.
Este espectáculo, creado polo grupo "b vocal" intenta amosar a verdadeira esencia da ópera e da zarzuela como algo vivo, sinxelo, emotivo e atractivo, onde se desvela a parte máis humana que rodea ao xénero lírico. Ademais, con "Un día en la ópera" os alumnos serán partícipes dos pasos previos que teñen que dar os profesionais para levaren a cabo unha gala lírica con todo o seu esplendor.
"Un día en la ópera" divídese en tres actos que se desenvolven seguindo o fío condutor do xénero operístico nas súas tres partes básicas: presentación de trama e personaxes, desenvolvemento escénico e dramático e desenlace e apoteose final. En cada unha das partes os cantantes interpretan as grandes arias da historia da ópera e da zarzuela coa intención de divulgar e divertir.
Ao longo das seis sesións matinais programadas para escolares ás 10.30 e 12.15 horas, 1020 alumnos e alumnas pertencentes a 22 centros de ensino de Vigo terán a oportunidade de achegarse á ópera no marco do programa educativo municipal "Vigo por dentro". Todos os centros de ensino participantes recibiron previamente o caderno didáctico desta actividade para realizaren o traballo inicial de motivación nas aulas.
Os centros de ensino participantes son os seguintes: IES San Tomé de Freixeiro, IES Teis, Colexio Salesianos, IES Beade, Colexio Martín Códax, Colexio Maristas, IES Alexandre Bóveda, IES Rosais II, Colexio San José de la Guía, IES Carlos Casares, IES Valadares, IES Ricardo Mella, IES Manuel Antonio, IES Coruxo, Colexio Divino Salvador, Escolas Nieto, Centro de Educación Especial Saladino Cortizo, Colexio Possumus, Colexio Barreiro, Colexio Rosalía de Castro, Centro de Educación Especial Aspanaex e IES República Orinetal do Uruguai.
Como complemento a esta iniciativa, o xoves 22, ás 19.30 horas, cantArte interpretará a comedia musical "Locos por la ópera" en aberto para as familias e o público en xeral, dunha duración estimada de 1 hora. O acceso será gratuíto ata completar o aforo.
Descargar todas as imaxes