A Oficina Virtual do Concello ofrece xa información sobre 150 trámites
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, presentou hoxe luns o servizo de información sobre trámites a través da Oficina Municipal do Concello. Este recurso electrónico presenta actualmente información sobre 150 trámites, dos cales 50 se poden realizar de maneira íntegra usando Internet.
A Oficina Virtual facilítalles ao cidadán e ás empresas toda a información necesaria sobre o inicio de trámites coa administración. Presenta información personalizada para cada trámite: impresos, documentación requerida, descrición, normativa, como se fai, onde. Actualmente hai información duns 150 trámites, dos cales máis de 50 se poden facer integramente ou case na súa totalidade por Internet, ben sexa a través da Carpeta do Cidadán ou por tramitación directa.
Os servizos do Concello están a traballar de maneira conxunta para chegar a incorporar todos os trámites á Oficina Virtual. Espérase alcanzar este obxectivo case na súa totalidade durante os próximos tres meses, atinxindo unha cifra de entre 200 e 300 expedientes.
Posteriormente engadiranse tamén os trámites máis usados en relación a outras administracións, para facilitar a información ao cidadán nun único portal, por medio do cal se poderán consultar outras operacións como a expedición do DNI e a obtención de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción.
As categorías de trámites dispoñibles actualmente na Oficina Virtual son:
- Rexistro xeral de expedientes e documentos
- Consulta da tramitación de expedientes e documentos
- Asuntos sociais
- Circulación, vehículos e transportes
- Comercio, industria e consumo
- Deportes
- Desenvolvemento local e emprego
- Educación e cultura
- Estatística e poboación
- Facenda: taxas, impostos e multas
- Mantemento da cidade e medio ambiente
- Participación cidadá
- Servizos funerarios
- Territorio, urbanismo e vivenda
Buscador de trámites
A Oficina Virtual conta tamén cun buscador de trámites que permite facer búsquedas por palabras clave de forma semántica, podendo realizar búsquedas dunha maneira máis sinxela para o cidadán.
O buscador ten un sistema de aprendizaxe co que as búsquedas que non devolvan resultados quedan almacenadas para saber qué trámites son demandados e reorientar o vocabulario do buscador se se empregan outros termos de búsqueda para trámites que si están presentes. Desta forma, o Concello coñecerá mellor as necesidades dos cidadáns e poderá reorientar os seus servizos en función destas.
Uso da Oficina Virtual
Durante os primeiros días de vida da Oficina Virtual téñense rexistrado entre 600 e 800 consultas diarias sobre información de trámites. Os trámites máis consultados estes días foron:
1. Solicitude de volante de empadronamento individual
2. Solicitude de certificado de empadronamento
3. Alta no Padrón Municipal de Habitantes
4. Consulta individual dun expediente
5. Solicitude de volante de empadronamento familiar
6. Certificado de ter pagado o recibo de vehículos (IVTM)
7. Consulta da tramitación de todos os expedientes dun mesmo titular
8. Rexistro de documentos no Rexistro Xeral do Concello
9. Pagamento do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM)
10. Modificación no Padrón por cambio de domicilio dentro do mesmo municipio
11. Modificación de datos persoais no Padrón
12. Rexistro de documentos no Rexistro Xeral da Xerencia de Urbanismo
13. Impresión de copia do recibo de vehículos de tracción mecánica (IVTM)
14. Consulta da información do catastro
15. Comprobación da validez dos volantes de empadronamento emitidos por Internet
Descargar todas as imaxes