Escoitar

A rúa Cruz Branca, no Calvario, xa está humanizada

A humanización da rúa Cruz Branca, fronte ao mercado do Calvario, está rematada xa. A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe martes o lugar, onde se realizou un investimento de 250.000 euros para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.

martes, 20 mar 2007
1174392731cruzbranca200307a.jpg
Esta intervención urbana consistiu na execución dun acabado de granito como o do paseo peonil do Calvario. Ademais, a rúa Cruz Branca conta agora cunha illa ecolóxica soterrada e tres xardineiras. Así mesmo, aproveitando as obras de humanización construíuse unha rampa entre esta rúa e a primeira travesía de Antela Conde, que foi asfaltada para completar a actuación.

Durante o acto de inauguración das obras de humanización da rúa Cruz Branca, Corina Porro anunciou a execución, se resulta elixida alcaldesa, dun plan de humanización en 15 rúas do Calvario.

O plan de humanización afectaría ás rúas León, Cataluña (entre Urzaiz e Jenaro de la Fuente), Monforte de Lemos, Estremadura (entre Urzaiz e Jenaro de la Fuente), Aragón (entre Urzaiz e Jenaro de la Fuente), Toledo (entre Ramón Nieto e Jenaro de la Fuente), Jesús Fernández, Portela, Palencia, Sagunto (entre Palencia e Urzaiz), Cristo, José Antela Conde, Travesía de José Antela Conde, Andalucía e Badaxoz.

O plan contaría cun investimento de 7,1 millóns de euros e inclúe a renovación da rede de saneamento e abastecemento, así como a instalación de illas ecolóxicas soterradas.
1174392731cruzbranca200307a.jpg
1174392804cruzbranca200307.jpg
1174392829cruzbranca200307b.jpg
Descargar todas as imaxes