Escoitar

O Obradoiro de Emprego Vigozoo III comenza a execución das súas obras

A concelleira de Emprego, Lucía Molares e o delegado provincial da Consellería de Traballo, Pedro Borrajo, visitaron hoxe os traballos de "Acondicionamento e Mellora do Parque Zoolóxico de Vigo" e "Accións de Sensibilización Ambiental no Zoo de Vigo". Estes traballos os realizan 40 alumnos/as do Obradoiro de Emprego Vigozoo que se están a formar nas especialidades de construción, carpintaría, fontanaría-electricidade e educación ambiental.

mércores, 21 mar 2007
1174477692obradoirozoo.jpg
A especialidade de construción, formada por nove mulleres e dous homes, iniciou as súas actuacións procedendo a executar os remates do aulario, tendo nestes intres realizada a rampa e escaleira de acceso que, nos vindeiros días, serán forradas de pedra xunto coa base da construción. Esta especialidade tamén comenzou a executar o taller de fontanaría-electricidade.

A especialidade de carpintaría, na que traballan tamén nove mulleres e dous homes, comezou pola execución de mobiliario para o aulario e a realización de valados nos recintos do parque.

Pola súa banda,fontanaría-electricidade, que se atopa formada por tres mulleres e sete homes, comenzou a súa labor coa colocación dos puntos de luz pendentes no aulario e pola instalación de sistemas de pastoreo eléctrico nos recintos dos animais.

Finalmente a especialidade de educación ambiental, que está formada íntegramente por mulleres, traballa dende o inicio nos contidos das próximas publicacións do parque e na preparación das visitas guiadas que lle serán encomendadas nos vindeiros meses.

Previamente ao comenzo da execución das obras, nos primeiros días de andaina do proxecto, o alumnado-traballador recibiu a formación e información en prevención de riscos laborais precisa para poder realizar os traballos.
1174477692obradoirozoo.jpg
1174485663Imgp6960.jpg
1174485680Imgp6969.jpg
Descargar todas as imaxes