O pleno concede a medalla da cidade á Policía Local e á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos
Os grupos municipais aprobaron por unanimidade a concesión de duas medallas da cidade de Vigo á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos e á Policia Local na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe no Concello. A entrega das medallas e dos galardóns de Vigueses Distinguidos terá lugar o próximo venres, día 23, no Centro Cultural Caixanova.
MEDALLAS DA CIDADE
Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, entendendo que neste ano a Corporación Municipal e a sociedade no seu conxunto debe amosar o maior apoio a aquelas que cada dia combaten a violenza que sofren as mulleres.
Policía Local do Concello de Vigo
Nos 125 anos da súa andaina, a Policía Local de Vigo experimentou un desenvolvemento paralelo ao da cidade. O incremento de necesidades e de cambios sociais propiciou unha transformación da primitiva policía garda de tráfico á policía local, co conseguinte aumento de competencias e cunha magnífica adaptación ás súas necesidades.
A cidade coñecedora do profundo quefacer do seu corpo policial, coroa os 125 anos de profesionalidade e entrega á cidade con este nomeamento público que se concreta en cada un dos homes e mulleres deste corpo e axentes en activo e veteranos que non só ordean o tráfico e a seguridade dos cidadáns, senón que prestan a máis importante contribución á mellora do medio ambiente urbán en todas as súas facetas.
VIGUESES DISTINGUIDOS
AIMEN-CENTRO TECNOLÓGICO
Asociación privada sen ánimo de lucro, constituida en Vigo no ano 1967, promovida por un grupo de industriais vigueses de recoñecido prestixio. Inicia a súa andaina na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo, onde permaneceu ata o 20 de outubro de 1995 data na que se trasladou ás súas actuais instalacións de Torneiros.
Nos corenta anos da súa andaina é o primeiro centro de España no coñecemento das tecnoloxías de unión e referente nacional na investigación de materiais e nos seus procesos de transformación. Destacamos a figura do seu director durante 19 anos Armando Priegue Guerra. Os seus obxectivos: prestación de asistencia tecnolóxía e vixilancia na evolución dos mercados, na teconoloxía, formación e dotación de bolsas e contratos a xóves. A asociación está formada hoxe por 69 empresas.
ALOYA-CENTRO EDUCATIVO
Institución que reúne unha escola de secretariado, unha escola de hostalería e un colexio que durante 40 anos contribuíu no desenvolvemento da cidade achegando promocións de mulleres profesionais nun proxecto de formación humana e de calidade nun momento no que o acceso aos estudos serios non era tan sinxelo.
5.000 alumnas pasaron polas súas aulas acadando unha porcentaxe de emprego do cento por cento, cun alto nivel de competencia e unha clara vocación de servizo.
A falla de medios económicos non foi obstáculo para que Aloya convertera mulleres en grandes profesionais.
ASPANAEX
En 1962 nace, pola iniciativa do Sr Martinez Foix, a "Asociacion de Padres de Niños y adolescentes expecepcionales", adicada a facilitar, inicialmente garderia e axuda a familias con fillos nestas condicións. Posteriormente as necesidades das persoas con discapacidade intelectual obrigan á xunta directiva desta asociación a buscar un futuro para estas persoas, creándose deste xeito un centro ocupacional e un centro de día.
Así mesmo esta asociación trata de sensibilizar á sociedade de Vigo sobre o mundo da discapacidade intelectual, tratando tamén de obter axudas económicas que revirtan no mantemento destes servizos.
En máis de 40 anos esta asociación tratou de seguer a desenvolver estas tarefas con outros servizos, mellorando a vida e posibilidades destas persoas con discapacidade.
CARPA: CLUB AS RODAS PATINAXE ARTÍSTICA
Naceu no ano 1982 para dar resposta á demanda do deporte da patinaxe en Vigo, acadando rápidamente un nivel competitivo que logrou a participación en campionatos internacionais e organizando no ano 2002 o Campeonato de patinaxe artítica nas categorías junior e senior. Pero non só o Club Carpa persegue as competicións, senón que está aberto á expansión do deporte da patinaxe en todo o termo municipal e dese xeito adícase tamén á formación humana dos patinadores e intercambios con outros clubes, enriquecendo así a súa experiencia.
CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO
Cumpre este ano 90 anos iniciando a súa evolución en 1917, con idea de se constituir en laboratorio biolóxico mariño adicado aos traballos estatísticos e científicos de pesca e oceonografía.
Na actualidade o IEO é un organismo autónomo con personalidade xurídica e patrimonio propios, que depende orgánicamente do Ministerio de Educación e Ciencia e se clasifica como un Organismo Público de Investigación segundo a Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica do 14 de abril de 1986, sendo o seu campo de actividade o estudo da mar e os seus recursos. Adícase ao estudo multidisciplinar do mar e especialmente aos problemas derivados da explotación dos recursos e da contaminación mariña.
COLEGIO MIRALVA DE LA CONGREGACION HIJAS DE JESÚS
Esta institución relixiosa leva 50 longos anos adicado a actividades de docencia impartindo educación cristiá en zonas urbanas e rurais. Dende a súa fundación en Vigo en 1956, comezóu a sua andaina cunha aula de Bacherelato Elemental e paralelamente unha Escola de Maxisterio.
Posteriormente e transformado en colexio concertado do todos os niveis educativos non universitarios, convertíuse nun centro en contínua evolución que trata de respostar ás necesidades das familias que elixen esta oferta educativa. Múltiples xeracións de viguesas acadaron os seus niveis académicos gracias a esta institución que, sen perder o seu carácter relixioso e cunha forte tradición da cidade, é un centro educativo moderno e actual, aberto ao mundo e ao futuro.
DOCTOR GENARO BORRÁS SANJURJO
Vigués de orixe e de formación. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, especialista en traumatoloxía e medicina do deporte e rehabilitación. De longa práctica no exercizo da profesión e Xefe dos servizos médicos do equipo Real Clube Celta de Vigo, foi médico da selección olímpica de fútbol de 1990-1992 e así mesmo é xefe dos Servizos Medicos da Selección Española dos mundiais dos EEUU, Francia, Xapón e Alemania.
Co-fundador da Asociación de Medicina Galega do Deporte e da Asociación de Médicos de Clubes, e tamén pai de familia, gran profesional e mellor persoa.
LICEO MARITIMO DE BOUZAS
O Liceo Marítimo de Bouzas é unha asociación privada e o seu obxecto é a promoción de toda clase de actividades deportivas e culturais, especialmente a vela e a pesca deportivas. Está situado no barrio vigués de Bouzas. No ano 2007 celebróu o seu primeiro centenário, xa que no ano 1907 fundóuse o primeiro centro cultural de Bouzas que daría lugar ó Liceo Marítimo de Bouzas.
Na actualidade a súa actividade desenvólvese nunha mariña de 400 amarres e ten unha intensa actividade na vela e na pesca deportiva. Organiza dúas das máis importantes regatas do calendario galego de vela de cruceiro: a Regata Vila de Bouzas e unha Regata de Solitarios e A Dos. Así mesmo, o Liceo Marítimo de Bouzas conta con escolas de vela (lixeira e de cruceiro) e pesca. Anualmente organiza varias competicións de pesca deportiva e tamén un número importante de actos culturais que teñen a súa sede en Bouzas.
D. JOSE FRANCISCO ARMESTO FAGINAS
Jose Francisco Armesto, naceu o día de San Froilán de 1945 en Tui. Titulado xornalista pola Escola Oficial e licenciado en Cienzas da Información pola Universidade Complutense de Madrid, Armesto iniciou a súa actividade xornalística na capital de España, para continuala en Vigo, fundamentalmente no "Faro de Vigo", do que foi director oito anos. Sendo estudante de bacharelato en Lugo coñeceu a Cunqueiro e logo traballou ás ordes deste en Vigo.
Vigués de adopción, foi un verdadeiro polígrafo no máis amplo sentido da palabra. Director da Universidade Popular de Vigo foi un dos máis profundos investigadores da obra de Cunqueiro, poñendo de relieve a importancia deste mindoniense universal.
Faleceu no ano 2006.
D. CARLOS NÚÑEZ MUÑOZ
Naceu en Vigo en 1971 e comezóu a tocar a gaita galega ós oito años. Ós doce era invitado para tocar na Orquestra Sinfónica de Lorient e en 1989 gravou xunto co grupo irlandés The Chieftains a banda sonora da película A Illa do Tesouro, cos que seguiría colaborando ate ser coñecido como o sétimo Chieftain. Así mesmo Carlos Núñez completou a súa formación no ensino académico obtendo a calificación de Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira (Cum Laude) no instrumento frauta de pico polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.
Carlos Núñez Muñoz é un estudoso incansable da música celta e no panorama internacional se lle considera un erudito do tema. As súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre sí: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas actuais do mundo. O seu interese polo tema levouno percorrer o globo e relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experienzas na súa prolífica discografía.
DNA. CONCHA NOGUEIRA, POLA "ASOCIACIÓN VIGUESA PARA A RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA"
Dª Concha Nogueira Miguel é unha das centos de viguesas que sofríu nas súas carnes as consecuencias da dictadura do xeneral Franco. Cando tiña tres anos, un máis que a súa irmá Carmiña, perderon ós seus pais cando estes, acompañados de sete compañeiros máis, trataban de abandonar o país ao bordo do bou Eva.
As irmás quedaron ao coidado dos seus avós e tíos paternos e aos doce anos Concha gañou o seu primeiro diñeiro dando clases a rapaces máis pequenos. Conseguíu chegar ser secretaria e uns anos máis tarde uns amigos lle deron a oportunidade de ir a Venezuela. Alí naceron os seus tres fillos e os seus catro netos.
Amante da cultura e da continua aprendizaxe, desenvolve con afervoamento o seu labor como secretaria da Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos e colabora coa Marcha Mundial pola igualdade de dereitos de mulleres e homes. Milita no Partido Comunista e forma parte da Comisión Viguesa pola Memoria do 36.
DNA. VICTORIA IGLESIAS, DA COORDINADORA NACIONAL GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Nacida en Vigo en 1958, é a presidenta da Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, movemento mundial conformado por organizacións de mulleres feministas, sindicais, de cooperación, veciñais.., que une o seu enxeño e esforzo para trasladar ao conxunto da sociedade as lexítimas reivindicacións das mulleres. Son de todas as orixes e nacionalidades , de diversas orientacións políticas, culturais, sexuais... e de loita, fundamentalmente, contra a pobreza, a exclusión social e a violencia que sofren as mulleres e a prol dos dereitos humanos. En Galicia preto de 40 organizacións forman parte da Coordinadora Nacional Galega da Marcha. Vigo foi escenario do paso da Marcha Mundial en 2005, un periplo que percorreu outras moitas cidades do mundo co símbolo relevo dunha manta.
Victoria Iglesias é unha muller comprometida coa loita da Marcha e , en xeral, con todos os movementos sociais. Ao longo da súa vida ten desenvolvido un importante labor de voluntariado tanto en diferentes organizacións feministas como en colectivos solidaros. Ademáis, de presidenta da Marcha, forma parte do Comité de Solidariedade con América Latina, da Coordinadora Feminista e de Donicela. Ten traballado como voluntaria en Nicaragua, Salvador, Guatemala, Brasil e Colombia.
Descargar todas as imaxes