APEI celebrará a súa asemblea anual en Vigo
A Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio e Televisión celebrará en Vigo, desde hoxe xoves ata o próximo domingo, a súa asemblea anual.
Durante os actos programados co gallo deste evento, APEI-PRTV entregará os seus "Micrófonos dos Informadores", galardóns cos que premia a traxectoria de destacados profesionais. O acto de entraga dos premios terá lugar o sábado 24 no transcurso dunha cea no Hotel Samil, que comezará ás 21.30 horas dese día. Entre os premiados figuran dous medios locais: o Faro de Vigo e Radio Vigo.
APEI é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa informadores dos medios de comunicación que exerzan ou teñan exercido as súas funcións en calquera das Comunidades Autónomas de España ou no estranxeiro. Entre os obxectivos desta asociación está colaborar coas empresas de comunicación públicas e privadas, faculdades de Ciencias da Información e entidades que poidan contribuír ao perfeccionamento profesional dos seus asociados. O órgano de expresión da APEI é a revista "Informadores", editada con carácter trimestral.
A presentación da asemblea anual da APEI tivo lugar hoxe xoves nun acto que contou coa asistencia da Concelleira de Turismo, Lucía Molares, e do presidente da asociación, Jorge Arandes, quen agradeceu a boa disposición e a colaboración do Concello para que o evento se realice en Vigo.
Descargar todas as imaxes