Escoitar

Pleno da Corporación

O luns, día 26, terá lugar sesión ordinaria do Pleno da Corporación, ás nove horas no salón de plenos do Concello.

venres, 23 mar 2007
1.- Actas anteriores. (Sesións ord. 28.12.06 e ext. urx. 18.01.07)

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE

2.- Conformidade ó informe emitido ó PXOM de Gondomar e remisión do mesmo ó devandito Concello. Expte. 4738/401.

XESTIÓN MUNICIPAL

3.- Dar conta da memoria do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo referente ó ano 2006.

4.- Modificación orzamentaria 36/07. Suplemento de crédito para incrementar a partida 2221624000 "Flota de vehículos". Expte. 676/213,

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO

5.- Dar conta de solicitude de axudas destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais. Casa de Acollida e Servizo de Atención Domiciliaria á infancia. Plan concertado 2007. Expte. 2797-224.

ASUNTOS SOCIAIS

6.- Dar conta de solicitude de subvención á Vicepresidencia da Igualdade do Benestar Social para prestación de servizos sociais. Expte. 20402/301.

MOCIÓNS

7.- Moción do Grupo municipal do PG solicitando mellora dos accesos á zona do Centro Social de Coia.

8.- Rogos e preguntas.