Escoitar

Corina Porro inaugura o acabado da humanización da Praza da Independencia

A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe venres a Praza da Independencia, remodelada grazas a unhas obras de humanización que incluíron, entre outras actuacións, a aplicación dun novo tratamento ás xuntas das pezas de granito, a remodelación dos macizos axardinados e a instalación dun parque infantil.

venres, 23 mar 2007
1174654994indep230307.jpg
As obras de humanización contaron cun investimento total de 242.000 euros e realizáronse a través dun convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. O presidente desta institución, Rafael Louzán, acompañou a Porro na súa visita á praza.

O novo tratamento aplicado ás xuntas das pezas de granito, que supuxo un investimento de 144.000 euros, fai máis cómodo e seguro andar pola praza e fíxose pensando especialmente nos nenos, nos maiores e nas mulleres que levan tacóns.

Así mesmo, a praza conta agora con xardineiras máis altas e novas plantas, na súa maioría palmaceas, entre outras as estrelicias, agapantos, drácenas, chameros, cicas e ciateas. O investimento dedicado á remodelación dos macizos axardinados foi de 65.000 euros.

Ademais, pensando nos máis pequenos realizouse un investimento de 18.500 euros para dotar a Praza da Independencia dun novo parque infantil. Este parque, de 75 m2 de superficie, conta cun columpio de un asento, un xogo múltiple e dous xogos de muelle con chan de caucho de seguridade. Corina Porro anunciou que este será o primeiro de 14 novos parques infantís que se executarán proximamente en Vigo.

A iluminación tamén foi obxecto de melloras, coa colocación de sete novas farolas con dupla luminaria de cor branca no centro da praza. Estas novas farolas custaron 10.000 euros.

Finalmente, valouse a estatua que preside a praza desde o seu centro. Esta última actuación supuxo un investimento de 4.500 euros.
1174654994indep230307.jpg
1174655021indep230307b.jpg
Descargar todas as imaxes