Escoitar

Ópera en Vigo

Entre os meses de marzo e xuño ,Vigo celebrará un ciclo de ópera segundo un convenio asinado hoxe entre a Asociación Amigos da Ópera de Vigo, a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Vigo e Caixanova.

venres, 23 mar 2007
A Tempada de Ópera terá como obxectivos principais divulgar o coñecemento do mundo da lírica, a través da organización de actividades como óperas, recitais, conferencias, xornadas divulgativas e outras accions que teñan relación co ámbito operístico.

Programa da "Tempada de Ópera"

-Marzo, 29 conferencia "A Traviata, o compositor e o seu tempo" na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova

-Marzo, 30 "A Traviata" de Verdi teatro-sala de concertos do Centro Cultural caixanova

-Abril, 24 "Rita" de Donizetti Conservatorio de Música de Vigo

-Maio, 4 "Violeta Urmana" Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova

-Maio, 14 conferencia "Don Giovanni, o drama do crepúsculo dos deuses", sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova

-Maio, 15 "Don Giovanni" de Mozar, teatro-sala de conciertos do Centro Cultural Caixanova

Conferencias ciclo "A ópera e o mar"
(sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova)

-Marzo, 26, Darío Comesaña:"Wagner e o mar: o holandés errante"

-Abril, 20, Álvaro Zaldívar: "O mar en Benjamín Britten"

-Abril, 27, José Luis Téllez: "Madama Butterfly: Puccini e o mar como esperanza"

-Maio, 8, Roger Alier: "Bucaneros no Bel Canto: o pirata, de Bellini"

-Maio, 18, Luis Suñén: "Venecia e a ópera"

-Maio, 28, Francisco García Rosado:"Simón Bocanegra, de Verdi"

-Xuño, 8, Juan Ángel Vela del Campo:"o mar como reflexo de fantasías operísticas"